Ciclón Klaus (2009)
| Klaus | ||
|---|---|---|
Klaus ás 03:28 do 24 de xaneiro sobre o Golfo de Biscaia |
||
| Datos | ||
| Vento máximo: | 216 km/h | |
| Presión mínima: | 964 hPa (estimada) | |
| Efectos | ||
| Mortes: | 26[1] | |
| Danos materiais: | ||
A borrasca Klaus foi un ciclón de latitude media que afectou os días 23, 24 e 25 de xaneiro de 2009 a costa occidental de Europa e especialmente o norte da Península Ibérica.
Índice |
Formación e percorrido [editar]
O Klaus orixinouse por cicloxénese explosiva, ao bateren unha masa de aire quente tropical con outra moi fría no Atlántico na tarde do 22 de xaneiro. Xerouse así unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península ao longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro. Ocasionou varios mortos e importantes danos materiais. O centro da depresión desprazouse de oeste a leste dende os Azores, até o golfo de Xénova, atravesando polo Mar Cantábrico. Xerou fortes ventos de máis de 150 km/h, que puntualmente chegaron ata os 198 km/h en Estaca de Bares[2].
Nome [editar]
O Instituto de Meteoroloxía alemán deulle este nome na honra de Klaus Schümann[3], e non ten que ver con distintos nomes de ciclón Klaus que se deron a furacáns tropicais antes de 1990.
Danos [editar]
A treboada afectou grandemente a zona setentrional de España e o sur de Francia e causou diversos mortos. En Galicia afectou 72 concellos[4], faleceron cinco persoas: en Burela morreu un garda civil que estaba dirixindo o tráfico ao caerlle unha árbore enriba[5]; un mariñeiro portugués foi rescatado dun barco que afundiu nas costas coruñesas e faleceu posteriormente no hospital[6]; un ancián pereceu no incendio da súa casa, provocado por un cortocircuito[7]; e un matrimonio de anciáns faleceu en Cervo por inhalación de monóxido de carbono, como consecuencia de usaren un braseiro vello para quecer logo de estaren máis de dous días sen enerxía eléctrica[8].
No resto de Europa producíronse 21 mortes máis.
| Refachos máximas de vento | ||
|---|---|---|
| Racha | Localización | |
|
|
||
| 216 km/h | Coll d'Envalira | |
| 200 km/h | Portbou | |
| 198 km/h | Cerezo de Arriba | |
| 198 km/h | Estaca de Bares | |
| 193 km/h | Formigueres | |
| 193 km/h | Matxitxako | |
| 184 km/h | Perpignan | |
| 183 km/h | Malpica | |
| 183 km/h | Ocón | |
| 182 km/h | Ancares | |
| 182 km/2 | Xares | |
| 178 km/h | Santa María de Oia | |
| 177 km/h | Saint-Paul-de-Fenouillet | |
| 172 km/h | Biscarrosse | |
| 172 km/h | Cabo Ferret | |
|
Fontes: AEMET Meteo France Meteo Galicia MeteoCat Meteoroloxía do Goberno da Rioxa |
||
Imaxes da tormenta [editar]
Notas [editar]
- ↑ "Fresh warnings after storm kills 26 in southern Europe". http://www.google.com/hostednews/afp/article/ALeqM5iFx6G9AxzlMnJfrI_QNV_F3LeX_Q. Consultado o 28-1-2009.
- ↑ Medicións de Meteogalicia, Xunta de Galicia, 26/1/2009
- ↑ Relación de sistemas de baixas presións Instituto de Meteoroloxía. Universidade de Berlín
- ↑ El Consorcio de Seguros estima que Galicia recibirá 32 millones de euros por los daños del Klaus, Faro de Vigo, 10/2/2009
- ↑ Un garda civil morre mentres reparaba as desfeitas do temporal en Burela, Galiciae, 4/02/2009
- ↑ El mar se cobra otra vida], El Correo Gallego, 25/1/09
- ↑ Doce mortos por mor do temporal, Galicia Hoxe
- ↑ Los gases de estufas provocan dos muertos y trece intoxicados en Galicia, Xornal de Galicia, 27/1/2009