Estaca de Bares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estaca de Bares

A Estaca de Bares é un un espazo protexido catalogado como sitio natural de interese nacional localizado no Mar Cantábrico, na parroquia de Bares, en Mañón, A Coruña. Constitúe o punto máis ó norte da Península Ibérica. Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa, o que creou un ecosistema único.

Características[editar | editar a fonte]

O cabo é un enclave de enorme valor ornitolóxico e unha atalaia privilexiada para observar as migracións de aves mariñas, das que, entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.

Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comenzo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés:Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno Británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos Gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[1]

Está declarado lugar de importancia comunitaria, destaca o Faro da Estaca de Bares construído en 1850[2].

Galería de imaxes de Estaca de Bares[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estaca de Bares Modificar a ligazón no Wikidata

[[Categoría:

]]