Carallán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Carallán
Phallus impudicus.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Phallomycetidae
Orde: Phallales
Familia: Phallaceae
Xénero: Phallus
Nome científico
''Phallus impudicus''
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O carallán (Phallus impudicus) [1] é un fungo moi común en Europa e América do Norte, recoñecible de forma doada cando está maduro polo seu mal cheiro e a súa forma fálica. Adoita habitar en chans ricos en restos vexetais, como bosques e xardíns con abundante vexetación. Aparece desde o verán até o final do outono. O corpo frutífero é longo e branco, cunha cabeza cónica, de tacto viscoso de cor verde escuro.[2] A pesar do seu mal cheiro, este fungo non é venenoso e na súa etapa xuvenil é consumido nalgúns lugares de Francia e Alemaña.

[editar] Taxonomía

En 1597, o botánico John Gerard, na súa Historia Xeral das Plantas[3] chamoulle a pricke mushroom ou fungus virilis penis effigie, e John Parkinson mostrábaa baixo o nome de ferramenta dos holandeses ou phallus hollandicus no seu Teatrum botanicum de 1640. Linneo foi o responsable do nome que actualmente se lle dá a esta especie. O seu epíteto específico, o termo en latín impudicus, significa "impúdico", "falto de vergoña".

[editar] Notas

  1. Glosario micolóxico da Agrupación A Zarrota (en castelán)
  2. Phallus impudicus (castelán).
  3. General Historie of Plants (1597) (en inglés)

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas