Gleba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A gleba do feixó do demo (Scleroderma citrinum), ten unha cor escura.

A gleba é a masa interna carnosa que contén as esporas de fungos tales coma os peidos de lobo ou os caralláns (familia Phallaceae).

A gleba é unha masa sólida de esporas, xerada nunha área fechada dentro do esporocarpo. A continua maduración das células do esporoxenio vai deixando esporas aglomeradas nunha masa pulvurulenta que pode de xeito doado botarse fóra. A gleba poder ser pegañenta ou fechada nunha casullo (peridiolo).[1]

É un tecido que se adoita atopar no corpo frutífero dos anxiocarpos, especialmente nos gasteromicetos. O corpo frutífero dos anxiocarpos normalmente consiste nun cerramento cunha cuberta que non forma parte del mesmo; como ocorre coa cuberta das abelás ou co cascabullo das landras. A presenza de glebas pódese atopar nos feixós do demo (fungos do xénero Scleroderma) e nos peidos de lobos. A gleba componse de micelio, e basidio e tamén pode conter vestixios de capilitio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "gleba definition". Mycological Glossary (en inglés). Illinois: Illinois Mycological Association. Consultado o 2008-10-24. As the spores mature, the sporogenous cells often liquify and/or disintegrate, leaving just the spores behind as a powdery mass that can easily blow away... In other cases, the gleba may be sticky, as in Sphaerobolus stellatus; or it may be enclosed in a case (called a peridiole), as in the Nidulariaceae