Netorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Netorra
Netorra (Russula virescens)
Netorra (Russula virescens)
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Homobasidiomycetae
Subclase: Hymenomycetes
Orde: Russulales
Familia: Russulaceae
Xénero: 'Russula'
Especie: ''R. virescens''
Nome binomial
''Russula virescens''
(Schaeff.) Fr.

A netorra[1][2] Russula virescens, é unha especie de fungo basidiomiseto, pertencente á familia Russulaceae. Atopámolo en Galiza. É comestíbel.

Descrición[editar | editar a fonte]

A forma do chapeu (píleo) é convexo aplanado, pode medir até 15 cm de diámetro, a súa cor é abrancazada con tacas de cor verde distribuídas sobre a tampa, o centro é averdado, o estipe é cilíndrico, de cor abrancazada e pode medir unha altura de 8 centímetros e o seu largo pode acadar os 4 cm.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra nos meses do verán deica o outono en zonas húmidas, especialmente nas carballeiras de Galiza, Illas Británicas e Europa en xeral; tamén Malaisia, Corea e China.

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

A netorra é un cogomelo comestíbel, considerado coma un dos mellores do xénero Russula, sendo moi popular en Europa. O seu cheiro non é distintivo, mais o seu sabor descríbese coma gusto a noz.

Ao apañarmos o Russula virescens para o consumo, cómpre ter conta para evitar a confusión co perigosamente velenoso Amanita phalloides (coñecido coma cacaforra da morte), un fungo que pode ser máis facilmente identificado pola súa volva e polo seu anel.

As netorras na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Refráns[editar | editar a fonte]

  • Netorra acelme, que non cha coma o verme,
  • Netorra do carballo, por ela o crego perde o rosário,
  • Os cregos e as lesmas das netorras fan festas,
  • Tremer, netorras: aí vos vén a negrura de lesmas e curas.

A Russula cyanoxantha é, xunto á R. virescens, e á Russula aurea, as mellores netorras comestíbeis; pódense consumir en pequenas cantidades, tamén crúas ou en ensalada. Malia a extrema variabilidade da cor da cutícula, é en todo caso recoñecíbel por crebar coma o xiz e o seu sabor agradábel ou acelme. Se pican non son comestíbeis[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario forestal, VV. AA. (2012), Universidade de Santiago de Compostela, / Deputación de Lugo
  2. O nome netorra pódese referir a todas as especies do xénero Russula, tamén chamadas rúsulas en galego
  3. Na Web de Galicia Encantada - http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=8&id=771
  • Singer R (1986). The Agaricales in Modern Taxonomy. Koenigstein: Koeltz Scientific Books. pp. 820–21. ISBN 3-87429-254-1.
  • Arora D (1986). Mushrooms Demystified: a Comprehensive Guide to the Fleshy Fungi. Berkeley, Calif: Ten Speed Press. p. 95. ISBN 0-89815-169-4.
  • Bi Z, Zheng G, Li T (1993). The Macrofungus Flora of China's Guangdong Province (Chinese University Press). New York: Columbia University Press. p. 522. ISBN 962-201-556-5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Netorra