Volva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A volva é a parte con forma de cunca na base desta amanita dos Césares (Amanita caesarea).

En micoloxía, a volva é unha membrana que envolve algúns fungos na primeira etapa do seu desenvolvemento e que, ao maduraren o aparato esporífero, creba e forma unha especie de saqueta de onde sae o [1]. Esta estrutura ten forma de cunca e atópase na base dos corpos frutíferos dalgúns fungos. Procede dos restos da estrutura da que provén o veo universal. Esta característica é moi importante dende o punto de vista da identificación de cogomelos bravos, por mor de que é doada de ollar.

Dende o punto de vista taxonómico tamén é relevante, xa que case sempre que aparece, significa que o fungo pertence á familia das Amanitaceae. Isto ten tamén especial importancia debido ao elevado número de especies velenosas que pertencen a esta familia.

A volva preséntase a miúdo de xeito parcial, ou completamente soterrada no chan, e por isto, cómpre comprobar a súa presenza ou ausencia co fin de identificar o cogomelo. Intentar identificar o fungo unha vez se apañe do chan, sen saber se tiña ou non volva, pode levar a un erro fatal.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]