Cantarela
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Cantarela | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Cantharellus cibarius | ||||||||||||
A cantarela ou pan de cabra (Cantharellus cibarius, do latín Cantharellus diminutivo de kántharos: copa; cibarius: alimento ordinario) é un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Os cataláns denomínano rossinyol. Atópase entre as coníferas e e árbores planifolias, na maior parte dos casos ás sombras de aciñeiras, corticeiras e carballos. É un ingrediente moi empregado na gastronomía europea.
Índice |
[editar] Características
A súa cor non é característica, pois depende moito do terreo onde naza, podendo ser entre alaranxada e amarel esbrancuxada. O sombreiro é moi variábel e irregular e pode chegar a 10 cm.
[editar] Usos gastronómicos
Pódese comer incluso cru, mais adóitase guisar e son aptas para secar ou salgar, consevándose perfectamente. A cantarela ten pequenas trazas de amanitinas, pero en cantidades que non son prexudiciais para o noso organismo.
[editar] Cogomelos parecidos
Pode confundirse coa Hygrophoropsis aurantiaca, que é unha seta comestíbel, mais hai outra seta similar que é velenosa, a Omphalotus olearius.