Mofo
O mofo ou balor é un fungo filamentoso que medra sobre a materia orgánica, tanto ao aire libre como en interiores. Existen moitas especies de fungos; estímase que pode haber decenas de miles, quizais máis de trescentas mil.
Características[editar]
O mofo crece mellor en condicións cálidas e húmidas pero tamén o fai en condicións adversas (como no interior dun frigorífico). As esporas do mofo poden sobrevivir en variadas condicións ambientais, como a extrema sequidade, aínda que non favorecen o crecemento normal do mofo. O mofo tamén medra no pan e noutros tipos de alimentos, facéndoos incomestibles.
Os fungos son un grupo de organismos bastante comúns que teñen unha importante función no medio ambiente. A penicilina, un antibiótico que salvou moitas vidas, obtense a partir do mofo Penicillium. Outro grupo de microorganismos ascomicetos, como os mofos, son os lévedos, entre as que se pode cita-lo fermento.