Fungato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fungato
Lycoperdon perlatum.jpg
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: 'Lycoperdon'
Especie: 'Lycoperdon perlatum'
Nome binomial
'''''L. perlatum'''''

O Lycoperdon perlatum é un cogomelo coñecido como fungato. Tamén chamado fungón, fungo de sapo, bufo de vella[1] É un tipo de cogomelo dos chamados peidos de lobo (en inglés puffball), fungos da familia das licoperdáceas de corpo frucífero globoso, abrancazados por fóra ao principio cheos dunha gleba branca, maciza (comestíbel) que ao madurar se transforma nun po pardo formado polas esporas[2]

Características[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O fungo é branco e a medida que alcanza a madurez vaise tornando marrón. Posúe uns grans pequenos a modo de verrugas en toda a parte superior que se desprenden facilmente.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Pode ser atopado nos bosques de coníferas e de árbores de folla caduca, no verán, outono e primavera, especialmente xunto a excrementos de cervo.

Diferenciación[editar | editar a fonte]

Pode confundirse co Lycoperdon echinatum , mais este é máis escuro, cun tinge avermellado ou co Lycoperdon mammiforme que é máis voluminoso e de cor crema.

Usos[editar | editar a fonte]

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

É un fungo comestible pero só cando é novo e de cor branca.

Medicinal[editar | editar a fonte]

Emprégase na medicina popular coma hemostático de uso externo. A masa esporífera aplícase directamente sobre das feridas, exercendo unha acción hemostática, antibiótica e cicatrizante[3].

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  3. Guía de Planta Medicinais de Galicia, Rigueiro, Romero, Silva-Pando e Bermejo, Galaxia,1996

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]