Champiñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Champiñóns

Champiñón é un fungo do xénero Agaricus. O máis coñecido é o Agaricus bisporus.

Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.