Euskaltel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o equipo ciclista, véxase Euskaltel-Euskadi.

Euskaltel é un operador global de telecomunicacións vasco creado en xullo de 1995, que comercializa os seus servizos no País Vasco. Opera en telefonía fixa e móbil, televisión dixital e acceso a Internet de banda ancha tanto mediante ADSL como por cable (único licenciatario para isto no País Vasco), para particulares e empresas. Euskaltel é o operador líder de Banda Ancha no País Vasco, e conta cunhas cuotas de mercado do 45% en telefonía fixa, 44% en Internet de Banda Ancha, 30% en telefonía móbil, 30% de Televisión Dixital, e 25% do total de ingresos do sector de telecomunicacións en Euskadi. Euskaltel creceu en 2005 o dobre que o mercado. Os seus ingresos por operacións superaron os 316 millóns de euros, cun incremento do 9%, rexistrando un beneficio ordinario de 24,2 millóns de euros, un 50% superior con respecto ó exercicio anterior. Euskaltel está despregando unha rede de fibra óptica de última xeración no País Vasco, cunhas inversións de 1.200 millóns de euros (600 euros por habitante), a maior inversión en rede por habitante de todo o estado español.

A súa sede está localizada no Parque Tecnolóxico de Derio, a poucos quilómteros de Bilbao, Biscaia. O goberno vasco ten o 7% das súas accións, -o 2% a través do EVE e o 5% por parte de EITB-. Á súa vez, as caixas de aforros vascas poseen o 63,86% do capital, -33,13% a BBK, 22,98% a Kutxa, e 7,75% a Vital a través de Araba Gertu.

Desde a súa fundación, actuou como comercializadora dos servizos de telefonía móbil de Amena (actualmente Orange) no País Vasco en virtude dun acordo comercial. Amena proveía ós clientes do servizo telefónico, pero era Euskaltel quen lles facturaba. O acordo que facía posible isto cancelouse a finais de 2006, e o 10 de decembro de 2006, Euskaltel pasou a prestar os seus servizos de telefonía móbil como operador móbil virtual tras romper o acordo con Orange (a antiga Amena), usando as antenas de Vodafone España.

Euskaltel e Orange[editar | editar a fonte]

O desacordo entre Euskaltel e Orange levou ó que algúns medios de comunicación denominan unha guerra [1], guerra telefónica ou guerra laranxa [2] polos contratos de telefonía móbil suscritos conxuntamente por Euskaltel e Amena. A empresa vasca defende que os consumidores que contrataron un servizo de telefonía fixéronno con Euskaltel, compañía que ten os contratos e os datos bancarios dos clientes. Por isto, pretende manter o control sobre estes contratos e se nega a facilitar a Orange datos sobre os clientes que compartían. En cambio, Orange considera que estes clientes suscribiron un contrato para que Amena lles prestase o servizo, no que Euskaltel era meramente o distribuidor ou axente comercial de Amena. Así, enviou mensaxes ós usuarios para que acudan ó servizo de atención ó cliente de Orange, e lanzou unha forte campaña promocional. Os teléfonos móbiles de Euskaltel levaban unha tarxeta Amena/Orange que só servía para o servizo a través de Orange e só daba os datos de consumo a esta compañía, polo que Euskaltel necesitaba desta para realizar a facturación.

Ámbalas dúas compañías presentaron un recurso de amparo ante a CMT (Comisión do Mercado das Telecomunicacións) reclamando a propiedade dos case 450.000 clientes de Euskaltel, decidindo a CMT que deberian ser os clientes os encargados de decidir con que compañía quedarse: se non desexaban permanecer en Orange, deberían solicitar a súa portabilidade a Euskaltel, e Orange veríase obrigada a facilitar as mesmas. O 10 de decembro de 2006, Euskaltel renovou a súa imaxe corporativa e comezou unha campaña de portabilidades en masa, contactando con tódolos seus clientes para invitalos a iniciar a súa portabilidade á rede virtual de Euskaltel, e entregándolles unha nova tarxeta SIM para poder operar en dita rede.

Mentres tanto, Orange intentou impedir as portabilidades en masa, argumentando "erros técnicos", sendo moi coñecido o caso que impidiu á Xunta Directiva de Euskaltel portar os seus números á nova rede, tendo estes que contratar novas liñas con diferente numeración, xa que Orange clasificounos como "morosos" o que impedía portabilidade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]