Canal Nou Dos
Canal Nou Dos é a segunda canle da Televisión Valenciana, pertencente ao grupo da Ràdio Televisió Valenciana (RTVV). Ten vocación de servizo público e orientada a un público máis esixente. Caracterízase polo seu contido cultural, divulgativo e deportivo. A súa oferta televisiva conta con espazos infantís, coma Babaclub i Sambòrik, informativos, documentais, culturais (Encontres), deportivos (Minut a Minut) e con outros programas que pretenden a divulgación da cultura e tradicións valencianas. Canal Nou Dos emite integramente en valenciano, a diferenza de Canal Nou que alterna o valenciano e o castelán.
A súa audiencia varía entre o 1 e o 3 % da cota televisiva.
Índice |
Inicio de emisións e cobertura [editar]
Comezou as emisións regulares na festa do 9 de outubro de 1997 co nome de "Notícies 9", posteriormente cambiou de imaxe e marca pasando ao ser: "Punt Dos". O pasado 9 de outubro de 2005 cambiou de imaxe facéndoa máis moderna e dinámica. En setembro de 2010 cambiou de imaxe e marca pasando ao seu nome actual: Canal Nou Dos.
Centro de Produción de Programas [editar]
O Centro de Produción de programas de TVV atópase en Burjassot (València), nunha parcela de 30.000 m², as instalacións ocupan aproximadamente 20.000 m². A principios do ano 2006 o director xeral do ente RTVV presentou o proxecto de ampliación das instalacións, co novo edificio de Canal Nou Dos, Ràdio Nou e Sí Ràdio. Tamén ten redacción en Castelló de la Plana e o segundo Centro de Produción de Programas en Alacant.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||