Marca TV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marca TV é unha canle de televisión temática española, que emite información deportiva as vinte e catro horas en aberto. Ten a súa orixe no xornal de información deportiva Marca e na emisora de radio Radio Marca. Xunto co xornal, a radio e a páxina web Marca.com, forma o Mundo Marca. A cadea de televisión pertence ao Grupo Unidad Editorial e a Gestora de Inversiones Audiovisuales La Sexta.