Canal Sur 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canal Sur 2
Canal Sur 2 logo.png
Inicio das emisións 5 de xuño de 1998
Propiedade de RTVA
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 9,5% (abril de 2011, TNS)
Slogan Tu otra televisión
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Andalucía Andalucía
Flag of Gibraltar.svg Xibraltar
Canal/is irmán(s) Canal Sur TV
Canal Sur HD
Andalucía Televisión
Páxina web www.canalsur.es

Canal Sur 2 é a segunda cadea de televisión pública de Andalucía. Pertence a Radio y Televisión de Andalucía.

Comezou as súas emisións o 5 de xuño de 1998 baixo o nome de Canal 2 Andalucía, conmemorando o centésimo aniversario do nacemento de Federico García Lorca. Dez anos máis tarde, o 5 de xuño de 2008, foi renomeada como Canal Sur 2 e renovouse a imaxe corporativa da cadea.

Coa aparición de Canal Sur 2, a oferta televisiva da RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.

A finais do 2012, a cadea decide pechar a súa programación para intentar aforrar uns 20 millóns de euros. Para iso, a partir de outubro dese mesmo ano, a cadea emitirá a mesma sinal que Canal Sur, pero con subtítulos e lingua de signos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]