R (telecomunicacións)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.
Logotipo oficial de R cable y telecomunicaciones de Galicia, S.A..png
Cable R Galiza A Grela A Coruña.jpg
Sede de Cable R na Grela, A Coruña
Tipo Sociedade anónima
Fundación Ano 1998
Localización rúa Real, 85, A Coruña Galicia Galicia
Persoas clave Arturo Dopico (conselleiro delegado)
Industria Telecomunicacións
Produtos Teléfono
Internet
Televisión
Móbil
Beneficio operativo 110 millóns de euros, en 2011
Beneficio neto 31 millóns de euros, en 2010
Número de empregados 200 (en 2010)[1]
Páxina web mundo-r

R é o nome comercial de R Cable Galicia, unha empresa galega de telecomunicacións. Na actualidade é propiedade da sociedade de risco inglesa CVC Capital Partners.

Formación[editar | editar a fonte]

Tenda de R en Pontevedra.

En 1998, logo da adxudicación do concurso para despregar o cable na Galiza, fundáronse as empresas R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. e R Cable y Telecomunicaciones Coruña, S.A., que se crearan respectivamente para dúas demarcacións territoriais, a demarcación da Coruña e a demarcación que comprendía o resto do territorio galego. Cada unha presentouse e obtivo a concesión administrativa para cadansúa demarcación.

A outra concesión de cable gañouna Telefónica asociada con La Voz de Galicia. Esta concesionaria non chegou a despregar ningunha rede propia. A concesión incluía unha moratoria no despregamento de cable que os penalizaba durante anos. A aparición da tecnoloxía ADSL permitiu acadar velocidades competitivas co cable sen a necesidade de crearen unha rede nova.

En 2008 a empresa que operaba unicamente na Coruña absorveuna a matriz galega e opera, desde aquela, baixo unha empresa e unha marca únicas. Os accionistas de R-Coruña eran de R-Galicia, nun 90%, e EMALCSA, no outro 10%, coa absorción, EMALCSA pasou a ter accións en R-Galicia; os accionistas de R-Galicia eran Caixanova (65%), Unión Fenosa, Banco Pastor, Inversiones Gallegas del Cable, Grupo Zeta e outros accionistas minoritarios. En abril de 2010, Caixanova vendeulle o 35% das accións á sociedade inglesa CVC Capital Partners. Uns meses despois, esta sociedade mercou máis accións e pasou a controlar o 70% da sociedade.

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

Cabina da empresa de Telecomunicacións R na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Hai varias teorías sobre a orixe do nome de Cable R. Unha delas é que foi unha proposta da axencia de publicidade que fixo a imaxe de marca para empresas como Ediciones B e Grupo Z.

Rede de fibra óptica[editar | editar a fonte]

Sede de R fronte ao Obelisco.

O concurso antedito aparece pola necesidade de abrir o mercado das telecomunicacións (até daquela, estaba monopolizado, practicamente, por Telefónica) e para que as empresas investiran nunha rede propia e máis avanzada tecnoloxicamente. Esta rede sería o sistema popularmente coñecido como cable, pois os servizos de Internet e da televisión chegan directamente por un cable coaxial desde o TAP, a onde chega o sinal dende un FTTB conectado por fibra óptica. No fogar, os usuarios teñen un punto de terminación de rede (PTR) e tomas de conexión coma se fose a antena de televisión da casa. O servizo de telefonía continuaríase a ofrecer por un par de cobre renovado, tamén conectado ao FTTB. Dese modo, crearíase máis competencia no sector, máis variedade, en canto aos tipos de tecnoloxía e servizos dispoñibles, e un avance tecnolóxico claro.

Tras as operadoras de cable históricas asociadas á AOTEC (Asociación Nacional de Operadoras de Cable non suxeitas ás demarcacións), R, xunto co resto de operadoras que gañaron as súas respectivas demarcacións de cable, unifica, tamén, os servizos da telefonía, de Internet e de televisión ao contar coa tecnoloxía axeitada para facelo.

Actualmente, cobre as principais cidades galegas, os polígonos industriais (soamente coa conexión por pares) e bastantes vilas. Nas pequenas vilas e na zona rural carece deste servizo, aínda que se está a traballar nas conexións sen fíos. R ofrece os servizos de: Internet de banda larga, telefonía fixa, telefonía móbil (co emprego da rede da Vodafone) e televisión, e, este último, con máis de 100 canles de tipos diversos no seu servizo dixital. Ademais, inclúe o sistema de pagamento por visión MIRADOR, desde o que se poden comprar as visualizacións de películas, de fútbol e de series de televisión. Na actualidade, R segue o seu proceso de expansión ao ser actualmente a operadora de cable do estado español con maior beneficio polo número de clientes e polo investimento realizado.[Cómpre referencia].

Durante o ano 2006, potenciouse a expansión xeográfica da operadora, que pretende chegar ao 60% da poboación galega coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria. Na actualidade, a operadora posúe o 64% da banda larga galega e estase a espallar por máis concellos galegos[2].

R xa ofrece o servizo de acceso directo nas cidades e nas localidades máis pequenas.

En 2012 xa ofrecía servizo nas seguintes cidades e vilas:[3]

Provincia da Coruña

A Laracha
Abegondo
Ames
A Pobra do Caramiñal
Ares
Arteixo

Arzúa
As Pontes de García Rodríguez
Bergondo
Betanzos
Boiro
Brión

Cabanas
Cambre
Carballo
Carral
Cedeira
A Coruña

Culleredo
Fene
Ferrol
Malpica
Melide
Miño

Mugardos
Narón
Neda
Negreira
Noia
Oleiros

Ordes
Oroso
Padrón
Rianxo
Ribeira

Sada
Santiago de Compostela
Teo
Vimianzo

Provincia de Lugo

Barreiros
Burela
Cervo

Chantada
Foz
Guitiriz

Lugo
Mondoñedo
Monforte de Lemos

Ribadeo
Sarria
Vilalba

Viveiro
Xove

Provincia de Ourense

A Rúa
Allariz

Barbadás
Celanova

O Barco
O Carballiño

Ourense
Pereiro de Aguiar

San Cibrao das Viñas
Verín
Xinzo de Limia.

Provincia de Pontevedra

A Estrada
A Guarda
Baiona

Bueu
Caldas de Reis
Cambados

Cangas
Gondomar
Lalín

Marín
Moaña
Nigrán

O Grove
Porriño
Poio

Ponteareas
Pontecesures
Pontevedra

Redondela
Sanxenxo
Silleda

Tui
Vigo
Vilagarcía de Arousa

Durante o ano 2007, R aumentou a velocidade de baixada dos seus produtos Combo 3, Combo R (de 4 a 6 megas) e da opción 6000 (de 6 a 9 megas) para os particulares. Para as empresas, as velocidades de baixada de 4, 6, 8 e 10 megas mudaron polas opcións de 6, 9 e 10 megas. Ademais, engadiuse a opción de 1, 2, 4 e 6 megas simétricos, tamén para as empresas.

Na seu blog oficial, R tamén anunciou que, antes de rematar o 2008, ofrecería as velocidades de 100, 30 e 20 megas[4] para os particulares.

A empresa rematou o 2010 con 230 millóns de euros de ingresos de explotación, cunhas ganancias de 31 millóns de euros[5].

Política de empresa[editar | editar a fonte]

Cabina telefónica de R e nodo secundario na Avda. Cataluña de Narón.

En 2003, un grupo de usuarios e clientes de R fixeron unha recollida de sinaturas en Código Cero para enviarllas á empresa pedindo melloras no servizo. O 25 de xullo a empresa R tomou a iniciativa e convidou a un grupo de usuarios ás súas oficinas. Esta xuntanza considérase como a primeira vez que unha empresa do sector das telecomunicacións en España se xunta cos seus clientes para escoitar as súas queixas e propostas. Desa xuntanza R aceptou propostas que aínda hoxe están en uso, como a posibilidade de contratar dúas IP ou poder alugar un segundo descodificador de televisión.[6]

Nos últimos anos R recuperou estas xuntanzas e convida a un pequeno grupo de usuarios a visitar as súas instalacións e coñecer a empresa e os seus produtos e servizos.

En 2005 iniciou unha campaña nos xulgados contra o pirateo de sinal denunciando a máis de 300 clientes acusados de piratear o seu sinal e manipular os descodificadores.[7]

En outubro de 2012 o Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra fixo firme a sentenza que condena a seis meses de cadea e a seis meses de multa a un dos denunciados por R por un delito contra o mercado e os consumidores, recollido no artigo 286.1 do Código Penal acusado de vender equipos manipulados para piratear o sinal de televisión de R.[8]

Telefonía móbil[editar | editar a fonte]

O 20 de novembro de 2007, ao coincidir co oitavo aniversario da compañía, R lanzou os servizos de telefonía móbil co emprego da rede da Vodafone e comezaría a ofrecer todos os servizos de telecomunicacións nunha factura única e pasaría a ter un número de teléfono de atención ao cliente único.

Despois dun período de probas con 500 clientes, comezou a operar o 3 de decembro de 2007. En xullo do 2008, a compañía anunciou que xa tiña 18.000 clientes do servizo de MóbilR.

A finais de 2011, R tiña 118.741 clientes de telefonía móbil[9], en novembro de 2012, R anunciou que acadara os 200.000 clientes na telefonía móbil[10]. En setembro de 2013 R acadou os 300.000 clientes na telefonía móbil[11].

Nova tecnoloxía[editar | editar a fonte]

Dende a súa orixe, R, a diferenza doutras operadoras de cable, ofrece todos os equipamentos conectados á súa rede alugados, non vende os equipamentos de conexión á rede (cable módem e descodificadores) polo que as melloras e as substitución dos equipamentos fainos a propia R.

R está a traballar no paso da tecnoloxía actual dos seus cable módem Docsis 2.0 á 3.0, a cal permitirá ofrecer moita máis velocidade de conexión e outras melloras, coma son: o disco ríxido no propio cable módem, as redes Wi-Fi compartidas ou a posibilidade de se conectar á rede Wi-Fi dende outros cable módem, entre outras.

Os descodificadores de televisión novos poderían incluír a calidade HD, ou resolución superior, e moitos outros servizos multimedia que variarán segundo a demanda.[12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2008 concedéuselle o nomeamento de Galego egrexio que concede anualmente a Fundación Premios da Crítica Galicia, por demostrar, segundo as verbas de Xosé González Martínez, presidente da Fundación, "que unha empresa pode acadar éxito e bos resultados nas súas contas de resultados tendo como lingua oficial a galega, invalidando o discurso prexuizoso e tópico de moitos empresarios que aínda seguen a pensar que o noso idioma non é apto para facer negocios".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]