Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IB3 Televisió ou Televisió de les Illes Balears é o servizo público de televisión[1] das Illas Baleares pertencente ao grupo Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB). Esta denominación tamén pode referirse á canle de televisión principal deste grupo de comunicación.
Historia e características [editar]
Aínda que o EPRTVIB se creou mediante a lei 7/85 do 22 de maio de 1985, non se constituíu como tal ata moito máis tarde, foi o 26 de marzo de 2004[2], e a televisión autonómica das Illas Baleares non comezou a emitir, en fase de probas, deica a Diada das Illas Baleares, o 1 de marzo de 2005, e os seus informativos non arrincaron ata maio de 2005. Comezou as súas emisións regulares o 5 de setembro de 2005.
IB3 é membro da Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos (FORTA). Os seus estudos centrais encóntranse no Polígono de Son Bugadelles, en Calvià, un municipio da illa de Mallorca, preto da capital Palma de Mallorca. Tamén dispón de delegacións nas illas de Menorca, Ibiza e Formentera, así como en Madrid.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
Televisión en España
|
|
| Cadeas xeralistas |
|
|
| TDT |
|
En aberto
|
|
|
|
HD en aberto
|
|
|
|
De pago
|
|
|
|
| Desaparecidas |
|
|
| Operadores de pago |
|
|
| Cadeas autonómicas |
|
|