Canal Sur Televisión
| Canal Sur Televisión | |
|---|---|
| Inicio das emisións | 28 de febreiro de 1989 |
| Propiedade de | RTVA |
| Formato da imaxe | 16:9 |
| Datos de audiencia | 10,3% (Outubro de 2012, VerTele) |
| Slogan | Te va a Gustar |
| País | |
| Lingua | Castelán |
| Área de emisión | |
| Canal/is irmán(s) | Canal Sur 2 Canal Sur HD Andalucía Televisión |
| Páxina web | www.canalsur.es |
Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.
Historia [editar]
Canal Sur comezou as súas emisións o 28 de febreiro de 1989, coincidindo coa festividade do día de Andalucía. Por aquel entón, a oferta televisiva de España reducíase as dúas cadeas públicas do estado (TVE), coa excepción de outras comunidades autónomas como Galicia (TVG), Cataluña (TV3) ou o País Vasco (ETB que xa contaban coa súa propia cadea autonómica.
A televisión autonómica andaluza naceu coa intención de servir como instrumento da información e participación para todos os andaluces na sociedade, cultura e política do país. Ademais, pretendía ser un medio de difusión dos valores históricos e lingüísticos de Andalucía.
Canal Sur 2 apareceu en xuño de 1998, co que a oferta televisiva de RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.
Canal Sur HD comezou as súas emisións en probas o 26 de febreiro de 2010. Comezou como unha única canle, en resolución 1080i, e con presenza no ámbito da provincia de Sevilla.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||