Televisión Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Televisión Canaria é a cadea de televisión autonómica das Illas Canarias. O proxecto de creación deste canal xorde nos anos 80 coa promulgación da lei 8/1984 da Comunidade Autónoma de Canarias relativa á Radiodifusión e Televisión Canaria. A primeira emisión prodúcese o 21 de agosto de 1999 co nome de Televisión Autonómica de Canarias (TVAC). Dous anos máis tarde pasou a denominarse "Televisión Canaria" utilizándose o eslogan "A Nosa" para darlle publicidad entre os canarios. A súa sede está en Santa Cruz de Tenerife.

Emite para toda Canarias en formato analóxico e dixital (TDT). Ademais pode ser vista polo resto de España a través das plataformas dixitais. A canle internacional da Televisión Canaria emite para toda América, desde Canadá a Arxentina cunha serie de contidos especiais que intentan achegar ós de alén do Atlántico. En 1998 a través dun concurso público concédese á Produtora Canaria de Televisión a xestión da programación e publicidade da canle.

A PCTV está integrada nun 40% polo grupo PRISA. Co paso do tempo a PCTV pasou a denominarse SOCATER (Sociedade Canaria de Televisión Rexional).

Entre outros servizos, como o subtitulaxe para xordos, a Televisión Canaria ten teletexto, o primeiro dentro do ámbito autonómico do arquipélago.

En Abril de 2012 acadou un 8,6& de Share FormulaTV

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]