Catherine McCormack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catherine McCormack
Nacemento Catherine McCormack
1 de xaneiro de 1972
Alton, Hampshire, Inglaterra Inglaterra
Profesión Actriz, produtora e directora de cine
(1994-presente)
Ficha na IMDb

Catherine McCormack nada o 1 de xaneiro de 1972 en Alton, Hampshire, Inglaterra, é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart , Spy Game e Dangerous Beauty

Índice

[editar] Traxectoria

A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós. A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica, aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramático de Oxford.

[editar] Cine

O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible." Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Spy Game e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".

[editar] Teatro

McCormack sempre mostrou unha preferencia cara o teatro ó longo da súa traxectoria. Foi unha das elixidas para o reparto orixinal londinense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps. No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House, dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady, os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author.

[editar] Nomeamentos

Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

[editar] Filmografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas