Abilene, Texas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DowntownAbilene.JPG

Abilene é unha cidade de Texas (Estados Unidos) e capital do condado de Taylor. Tiña 115.930 habitantes no 2001.

Lingua, orixe da poboación e relixión[editar | editar a fonte]

A Igrexa Baptista, a Igrexa de Cristo e a Igrexa Metodista son as principais confesións da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa de 1883.

A cidade foi establecida en marzo de 1881 como un apeadeiro da liña de ferrocarril Texas-Pacífico. Antes do establecemento do ferrocarril a área de Abilene estivo ocupado esporadicamente por indios nómades e forzas militares norteamericanas. Máis tarde chegaron os cazadores de búfalos e os rancheiros. Arredor de 1870 os indios foron expulsados. O anuncio en xaneiro de 1881 da fundación pola compañía de ferrocarril, dunha cidade á beira da liña de ferrocarril entre o Pacífico e Texas atrae a centos de colonos que chegan para participar na poxa dos terreos, os lotes foron adxudicados o 15 de marzo de 1881. O 2 de xaneiro de 1883 a cidade vota integrarse nos Estados Unidos. O 23 de outubro de 1883 Abilene convértese na capital do condado de Taylor. A electricidade chega en 1891, o teléfono en 1898 e o gas natural en 1914.

O establecemento en 1940 da base militar de Camp Barkeley cambiou a vida da cidade, os 60.000 soldados adestrados aquí modificaron a economía da cidade ata que a fin da Segunda Guerra Mundial supuxo o peche da base. Pero en 1952 estableceuse a base aérea de Dyess. Entre 1951 e 1955, 903 novos pozos de petróleo foron descubertos na zona de influencia da cidade. En 1978 púxose fin á Lei Seca que viña rexendo dende 1903.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía da cidade está sustentada na produción de petróleo, ademais a cidade actua como centro de distribución, comercio, industria, transporte e educación dunha área que cobre 22 condados de Texas.

O aeroporto rexional e a Base da Forza Aérea de Dyess, localizada ao oeste da cidade, proporcionan emprego a 4.000 persoas, entre civís e militares. Nas tres universidades da cidade estudan 10.000 alumnos.

Medios de comunicación[editar | editar a fonte]

14 emisoras de radio, 6 estacións de televisión e 1 xornal.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abilene, Texas