Almaraz de Duero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlmaraz de Duero
Imaxe

Nomeado en referencia aRío Douro Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°28′00″N 5°55′00″O / 41.466666666667, -5.9166666666667Coordenadas: 41°28′00″N 5°55′00″O / 41.466666666667, -5.9166666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalAlmaraz de Duero Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación393 (2023) Editar o valor em Wikidata (8,62 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie45,61 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude716 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Martín Pérez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49180 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico980 Editar o valor em Wikidata
Código INE49007 Editar o valor em Wikidata

Sitio webalmarazdeduero.es Editar o valor em Wikidata

Almaraz de Douro é un municipio da provincia de Zamora, situada a 17 km da capital. Pertence á comarca e mancomunidade de municipios da Terra do Pan.

Datos[editar | editar a fonte]

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Alba, do bispado de Zamora. Ten unha poboación de 451 habitantes (INE 2005). O seu termo municipal, de 4.630 hectáreas, linda ao norte con Zamora, ao sur co río Douro e Pereruela de Sayago, ao leste co río Douro e San Román dos Infantes (anexo do municipio de Pereruela de Sayago) e ao oeste con Villaseco del Pan e Muelas del Pan. Os seus habitantes dedícanse á agricultura, a gandaría e o sector servizos, outros traballan na capital aproveitando a proximidade da localidade á capital da provincia. A súa distancia ás poboacións limítrofes é a seguinte: de Villaseco del Pan, 4 km e de Muelas del Pan, 7 km. O núcleo non conta con estrada cara a Pereruela de Sayago nin San Román dos Infantes que se atopan a 8 e 4 km respectivamente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Almaraz de Duero desde 2001 ata 2007

2001 2003 2004 2005 2007

464 454 444 451 435

Historia[editar | editar a fonte]

A etimoloxía do nome é árabe, nesta lingua significa labrantíos. Até principios do século XX coñecíase como Almaraz do Pan, igual que o resto de pobos da comarca do Pan. Aparece xa rexistrado en documentos a principios do século XII, e a finais do mesmo recibe uns importantes foros medievais que regulan a vida do lugar de reguengo que posteriormente pasou a ser do bispado de Zamora.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial está dedicada á Transfiguración do Señor ou O Salvador. Construíuse no século XVI sobre unha anterior románica.

O santuario rupestre de San Pelayo está situado xunto ás ruínas dunha antiga ermida do século XV dedicada a san Gregorio Nacianceno e á que se acudía en romaría o día 9 de maio.

Hai unha fonte romana no centro da localidade e antigas minas de estaño repartidas por todo o termo, ademais de varias aceas e construcións de arquitectura pastoril. Neste municipio comezan os Arribes do Douro e é tamén coñecido pola paraxe dos Infernos onde se atopa o Ponte de Joyalada do século XVII. Antigamente a igrexa da localidade chegou a contar con cinco altares e cúpula, tivo o concello catro ermidas e contaba con varias confrarías. Conta a localidade con varios servizos como consultorio médico, dous supermercados, tres bares, panadaría, farmacia, residencia de anciáns, liña regular a Zamora etc.

Festas[editar | editar a fonte]

Celebra as súas festas patronais o sábado máis próximo ao 9 de maio, día de San Pelayo, e a fin de semana próxima ao 6 de agosto, día do Salvador.