Hermisende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermisende
Hermisende flag.jpg


Situación xeográfica
País España España
Comunidade autónoma Castela e León Castela e León
Provincia Bandera de Zamora.svg Zamora
Comarca Sanabria
Xeografía
Altitude 865 msnm
Superficie 108,75 km²
Poboación
Poboación 321 hab. (INE 2011)
Densidade 2,88
Xentilicio Hermisendeño/a
Información
Código postal 49572
Alcalde José Ignacio González Nieto (PSOE)
Páxina web www.hermisende.com

Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia.

A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640,tal como as aldeas veciñas de San Ciprián e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.. A súa situación xeográfica, entre Portugal e Galicia, xerou aquí unha fala cuxa procedencia xera dúbidas aos propios habitantes do municipio e sorpresa aos visitantes que observan a súa notable singularidade, con claras influencias galegas e portuguesas. Algúns estudosos trataron de encadrar esta fala coa doutros outros pobos das mesmas características xeográficas, especialmente das Portelas.[1]

Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.

A fala[editar | editar a fonte]

Un dos aspectos máis rechamantes deste concello é a singularidade da súa fala, xurdida como consecuencia de factores históricos e socioculturais derivados da súa posición fronteiriza con Galicia e Portugal, e que actualmente mostra claras evidencias dunha notable influencia recibida da lingua galega e portuguesa.[2]

A peculiaridade da fala de Hermisende e os seus anexos (A Teixeira, San Ciprián, Castrelos e Castromil) levou a algúns lingüistas a encadralo nalgunha das formas dos dialectos galego-portugueses, sen que exista na actualidade unha unidade doctrinal.[3]

A formación desta fala se remonta á Idade Media, e ten a súa orixe no carácter fronteirizo do seu territorio, en constante disputa por parte dos distintos reinos existentes ao longo da historia, situación que provocou un continuo desprazamento da liña de fronteira e que, en máis dunha ocasión, situou a este territorio como terra de ninguén. Tamén houbo múltiples intentos por alcanzar unha delimitación oficial e definitiva, como a ocurrida durante o reinado de Afonso IV de Portugal (1325-57), co nomeamento de comisións para a delimitación fronteiriza hispano-lusa.[4]

Durante a Guerra de Restauración portuguesa (1640), as poboacións de San Ciprian, Ermesende e Teixeira, ata entón portuguesas, desmarcáronse da causa do novo rei luso, Xoán IV de Portugal, e do sentir xeneralizado da provincia de Trás-os-Montes, motivo polo que quedaron definitivamente vinculadas a España.[5]

Con posterioridade, e basicamente consecuencia das interrelacións das localidades deste municipio coas súas poboacións veciñas, tanto españolas coma portuguesas, foise conformando unha situación lingüística particular que perdurou ata os nosos días. Neste sentido, Clarinda da Azevedo Maia di que "as variedades dialectais relacionadas unhas con outras sen case inexistentes puntos de transición, constituían un verdadeiro contínuum dialectal, constituíndo así, toda esa zona, unha complexa rexión de cruzamento de trazos galego-portugueses e leoneses,". [6]

Poboación[editar | editar a fonte]

Hermisende posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,55% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).

Evolución demográfica
2000 2010
444 313

Parroquias[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

  • Sagrado Corazón de Xesús: Unha semana despois do Corpus Christi.
  • Festas en honor da Virxe da Asunción e San Roque: 15 e 16 de agosto.
  • Tradicional volta à vila e carreira popular: 14 de agosto.
  • Magosto: Na ponte de Todos os Santos.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Concellos galegofalantes | provincia de Zamora : As Portelas

Hermisende | Lubián | Pías | Porto

Parcialmente galegofalante
Pedralba de la Pradería (Calabor)