Mombuey
Mombuey é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 38,89 km², cunha poboación de 434 habitantes no ano 2007 (INE), o que lle confería unha densidade poplacional de 10,8 hab/km². O xentilicio dos naturais é palanquinos.
Índice |
Nome [editar]
O nome do lugar está consignado na documentación medieval como Montem Bovem, Monte ad Bove, e ooutros similares, polo que non é certo que proceda dunha "curiosa cabeza de touro" na súa torre, como se ten dito nalgunha publicación.
Situación [editar]
Mombuey está situado na comarca da Carballeda, bañada polo río Negro, afluente do Tera (conca do Douro), no noroeste da provincia zamorana, a 25 km ao leste da Puebla de Sanabria, da comarca da Sanbria, da que é, en parte, unha continuación. Da capital provincial, Zamora, dista, 80 km.
Patrimonio [editar]
- Igrexa da Nosa Señora da Asunción, do século XIII, de nave única. O campanario é románico-gótico.
Festas [editar]
- Entroido.
- Semana Santa, celebrada tradicionalmente.
- 11 de novembro, festa maior.