Trefacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTrefacio
Imaxe

Localización
Mapa
 42°07′20″N 6°39′09″O / 42.122222222222, -6.6525Coordenadas: 42°07′20″N 6°39′09″O / 42.122222222222, -6.6525
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalTrefacio Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación171 (2023) Editar o valor em Wikidata (6,71 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie25,48 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude970 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJesús Ramos Remesal Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49359 Editar o valor em Wikidata
Código INE49224 Editar o valor em Wikidata

Trefacio (Trefaciu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.

Atópase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. No seu termo municipal encóntranse as localidades de Cerdillo (Cerdiellu en leonés), Murias, Trefacio e Villarino (Villarinu de Senabria).[1]

O concello encóntrase situado en pleno Parque natural do Lago de Seabra, o maior lago de orixe glaciar da Península Ibérica, con 318,7 ha e unha profundidade máxima de 53 m, ademais de ser un espazo natural protexido de grande atractivo turístico. Sobresae a calidade das troitas pescadas no seu río, o Trefacio. Nos últimos anos, o seu río alcanzou un notable renome que traspasou mesmo os lindes da bisbarra, sendo un dos motivos da creación no seu municipio do denominado Centro de Interpretación de la Trucha.[2] Destaca o seu importante patrimonio etnográfico, sendo moi popular a festa das Talanqueiras[3], celebrada cada 25 de decembro, que é moi similar ás doutras localidades zamoranas como os coñecidos Carochos e Vaca Bayona, aínda que con notables singularidades diferenciadoras.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A etimoloxía popular di que o nome de Trefacio provén de que anteriormente había tres igrexas no lugar, o que nos dá idea da importancia que a vila sempre tivo na bisbarra de Seabra, aínda que actualmente só existen dous destes templos.

Tamén se di que Trefacio significa "tres caras" referente ás tres primeiras familias que ocuparon ese lugar: os Remesal, os Ramos e os Prada.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O edificio máis emblemático de Trefacio é a súa igrexa parroquial de San Mamé que se encontra situada na praza do concello. Dela destaca a súa fachada, coa súa singular portada, e o campanario. Tamén conta cunha pequena ermida nos arredores da vila onde está situado o actual cemiterio.[4]

Outro lugar singular é a antiga Casa del Cura, en cuxo arco se encontran cunchas e estrelas de peregrinos que pasaron por alí.[4]

Contorna[editar | editar a fonte]

O concello de Trefacio encóntrase situado en pleno Parque Natural do Lago de Seabra, a só 7 km de distancia do lago.

Tamén ten importancia o río Trefacio, un dos máis cotizados da comunidade polas súas troitas. A importancia que ten esta especie na zona levou a crear o Centro de Interpretación de la Trucha.

Festas[editar | editar a fonte]

Entre as festas de Trefacio, as principais son a de El Carmen, celebrada o 17 de xullo, e San Mamés, o 17 de agosto. Ten especial devoción a da Virxe do Carme, na que os veciños celebran unha romaxe, na que a imaxe é portada a ombros e procesionada polas rúas da vila.[4]

Tamén é moi popular a tradición das Talanqueiras, que é celebrada cada 25 de decembro. Este festexo é unha mestura entre os Carochos e a Vaca Bayona, aínda que en Trefacio ten dúas singularidades diferenciadoras: a primeira é que contan cun apartado relativo á elección do Rei de mozos, e a segunda, é a representación do casamento simbólico das mozas do lugar cos mozos dispoñibles.[4]

Demografía[editar | editar a fonte]

Coma na maioría dos concellos de Seabra, atópase nunha situación de decrecemento vexetativo, causado principalmente pola forte emigración dos anos 50 e 60 do século XX, e que levou ao desprazamento da maior parte dos mozos a cidades coma Madrid, Barcelona e Bilbao, na que agora tamén residen os seus descendentes. Pero aínda que ese período foi o máis intenso, a historia da emigración de Trefacio comezou a principios do século XX cun constante traslado da súa xuventude a Iberoamérica (Arxentina e Cuba) e posteriormente, aínda que en menor medida, a países de Europa central.


Evolución da poboación de: Trefacio desde 1991 ata 2012
1991 1996 2001 2004 2010 2012
258 258 211 247 189 194

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trefacio na web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  2. El Ayuntamiento de Trefacio abre al público el centro de interpretación de la trucha
  3. Trefacio
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Trefacio". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 23 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]