Porto, Zamora
| Porto, Zamora | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Comarca: | Sanabria |
| Xeografía | |
| Altitude: | 1.205 msnm |
| Superficie: | 201,43 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 222 hab. (INE 2010) |
| Densidade de poboación: | 1,1 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 49583 |
| Alcalde: | Rogelio Carracedo (PP) |
| Sitio na web: | |
Porto (ou Porto de Seabra, ou Porto de Sanabria) é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante está encadrado dentro da denominada Alta Seabra é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
O seu termo municipal atópase situado en pleno Parque Natural do Lago de Seabra, o maior lago de orixe glaciar de España, ademais dun espazo natural protexido de gran atractivo turístico.
Índice |
Xeografía [editar]
Está situado ao noroeste da provincia de Zamora, a 180 km da capital. Está situado a 1.205 m de altitude, sendo o concello de maior altitude da provincia.
Atópase nun profundo val entre os cumios de La Cuesta e Tanxilde, ao norte do río Bibei, accidentada polas serras da Porpasa e Currais (na Serra Calva ou de Porto) e A Segundeira.
Está comprendido na comarca de Seabra, a 30 km da estrada N-525.
Demografía [editar]
Porto posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 2,25% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010).
| 1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2010 |
|---|---|---|---|---|
| 437 | 363 | 302 | 299 | 222 |
Historia [editar]
Durante a Idade Moderna, ao igual que o resto da comarca, pertenceu á provincia de Valladolid. Durante o Trienio Liberal pertenceu á provincia de Ourense. Administrativamente sempre estivo vencellado á terra de Seabra. No 1833 incorporouse á provincia de Zamora.
Véxase tamén [editar]
| Concellos galegofalantes | provincia de Zamora : As Portelas | |
|---|---|
|
Hermisende | Lubián | Pías | Porto |
|
| Parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería (Calabor) |