Benegiles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benegiles é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Ocupa unha área de 23,59 km², cunha poboación de 399 habitantes (2007) e unha densidade de 16,91 hab/km².

Nome[editar | editar a fonte]

O topónimo é un híbrido, composto do árabe ben < ibn "fillo de", e un antropónimo romance Gil, talvez en plural, ou mellor como patronímico, Gílez, con sufixo en -es, ben por arcaísmo, ben por acomodación, ao resultar pouco audíbel como apelido. Moi posibelmente correspondería a un posesor mozárabe, como foi corrente en terras leonesas.

Límites[editar | editar a fonte]

Benegiles linda ao norte con o municipio de Aspariegos, ao sur con Molacillos, ao sueste con Gallegos del Pan, e a oeste con Torres del Carrizal.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Está atravesado polo río Valderaduey.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benegiles