Peleas de Abajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Peleas de Abajo é unha poboación española da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Existen dous núcleos de poboación, que son Peleas de Abajo, o principal, e A Mañá, integrado hoxe en Jambrina, e cunha poboación de 12 habitantes.

O principal punto de interese é a igrexa parroquial da nosa Señora da Asunción, de orixe románico aínda que rematada entre os séculos XVI e XVII, salvo a torre, que é de construción moderna e que recentemente foi forrada de pedra.

O pobo vive a súa principal festa o 16 de xullo en honra á Virxe do Carme, que dá nome á residencia de anciáns con que conta a localidade.

Demografía[editar | editar a fonte]

  • Evolución da poboación do concello ó longo dos últimos anos:
1991 1996 2001 2004 2007
229 225 272 268 290

Política[editar | editar a fonte]


PP PSOE Otros Total
2007 5 0 0 5