Charles Baudelaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Baudelaire")
Charles Pierre Baudelaire
Étienne Carjat, Portrait of Charles Baudelaire, circa 1862.jpg
Charles Baudelaire
Datos persoais
Nacemento 9 de abril de 1821
Lugar París Flag of France.svg Francia
Falecemento 31 de agosto de 1867
Lugar París
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua frances
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
Baudelaire signatur.jpg
{{{web}}}

{{{notas}}}

Charles Pierre Baudelaire, nado en París en 1821 e finado en 1867, foi un dos máis influentes poetas franceses do século XIX.

Orfo de pai en 1827 a súa nai casou cun oficial, educado en Lion e París, descontenta a súa familia coa vida que levaba, en 1841 embarcouno nunha viaxe ás India, de volta a Francia instalouse en París e proseguiu coa vida desordenada, entrou nos círculos artísticos e literarios da capital, ao tempo que escandalizaba a cidade coas súas relacións con Jeanne Duval, unha mulata que inspiraría algunhas das súas mellores poesías.

En 1857 publica As flores do mal. As autoridades acúsano de ultraxar a moral pública e prohíbese a difusión do libro.

Biografía[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Baudelaire naceu en París o 9 de abril de 1821. O seu pai, Joseph François Baudelaire, ex-sacerdote, antigo preceptor, foi tamén profesor de debuxo, pintor e funcionario xefe do Despacho do Senado de Francia (cámara alta do parlamento de Francia). Joseph ensinoulle as primeiras letras. Cando naceu Charles, o seu pai tiña a idade de sesenta anos, e xa tiña outro fillo, Claude Alphonse, froito do seu primeiro matrimonio. A súa nai foi Caroline Archimbaut-Dufays, quen non chegaba aos trinta anos ao nacer Baudelaire. Era filla de emigrantes franceses que emigraran a Londres durante a revolución de 1793. Foi ela a que lle ensinou Inglés de cativo.

Foi criado pola serventa da familia chamada, Mariette, coñécese moi pouco sobre ela pero intúese que debeu ter un gran peso na familia. Baudelaire lémbraa nun poema da súa obra As flores do mal.

Joseph François Baudelaire faleceu en 1827, cando Charles tiña seis anos. Deixou unha pequena herdanza. A súa nai mudou de residencia e, aos vinte meses, Caroline casou por conveniencia con Jacques Aupick, un veciño seu de corenta anos que chegaría a ser xeneral comandante da praza forte de París. É probable que fosen amantes antes de contraeren matrimonio. Baudelaire con iso recibiu un grande impacto emocional, vivíndoo como un abandono. Nunca chegou a ter boas relacións con Aupick.

Tralas xornadas revolucionarias de 1830, Aupick foi ascendido a tenente coronel pola súa participación na campaña de Alxeria. Dous anos máis tarde foi nomeado xefe do Estado Maior e trasládase coa súa familia a Lyon; alí permaneceron catro anos, estudando Baudelaire no Collège Royal de Lyon, de cuxo ambiente non gardara bos recordos. Alí o futuro poeta aburríase e tentaba escapar do seu peche.

A súa nai, impregnándose da personalidade de Aupick, fórase volvendo cada vez máis ríxida e puritana. No 1836 o seu marido ascendeu a xeneral do Estado Maior. Daquela voltan a París, onde Baudelaire é internado no Collège Louis-lle-Grand; onde ía permanecer durante dous anos e medio. Nesa época le a Sainte-Beuve, a Chenier e Musset, a quen máis tarde vai criticar. Alí consegue o título de bacharelato superior mais, por unha falta aínda descoñecida, foi expulsado.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Baudelaire leva unha vida en oposición aos valores burgueses encarnados pola nai e o padrasto. Para Aupick a vida de bohemia de Baudelaire era un escándalo, enviouno de viaxe cara as Indias, periplo que rematou nas illas Mascareñas en 1841.

Un dandi díscolo[editar | editar a fonte]

De volta à París, apaixónase por Jeanne Duval, moza mulata, coa cal coñecerá os encantos e as amarguras da paixón. Dandi endebedado, pasa baixo tutela xudicial, e coñece, dende 1842, unha vida disoluta. Empeza entón a compoñer varios poemas das Flores do mal. Crítico de Arte e xornalista, defende en Delacroix o representa do romanticismo en pintura, e tamén Balzac cando o autor da Comedia humana é atacado dunha maneira ben fata e caricaturizado pola súa paixón das cifras ou pola súa presuposta perversidade.

En 1848, toma parte nas barricadas.

A Obra[editar | editar a fonte]

Baudelaire foi poeta, critica de arte e tradutor.

Baudelaire proclama querer liberar a estética de toda consideración moral ou ética e nisto procede unha transformación radical coa estética dominante e renova en profundidade os motivos poéticos. Nos seus poemas intentou tecer e demostrar os lazos entre o mal e a beleza, a felicidade e o ideal inaccesible, a violencia e a voluptuosidade , entre o poeta e o lector, entre os artistas das diferentes épocas. En paralelo escribiu poemas graves ou escandalosos nesa época , expresou a melancolía e o desexo de ir alén . Extirpou a beleza do horror.

Rexeita o realismo e o positivismo dos cales é contemporáneo, Baudelaire sublima a sensibilidade e intenta acadar a verdade esencial, a verdade humana do universo.

O poeta[editar | editar a fonte]

Como obra romántica, a poesía de Baudelaire testemuña da pasada do horror á éxtase e da éxtase o horror, estas impresións xorden nel do sentimento profundo da maldición que pesa sobre a criatura humana dende a caída orixinal.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Charles Baudelaire
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Baudelaire Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]