Honoré de Balzac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Balzac")
Pintura en cor segundo a única fotografía de Honoré de Balzac que existe. O daguerrotipo de 1842 e o seu dobre invertido son conservados no Instituto de Francia e tomaron co tempo valor de reliquias.

Honoré de Balzac, nado Honoré Balzac[1][2][3], en Tours o 20 de maio de 1799 e finado en París o 18 de agosto de 1850, foi un escritor, crítico literario, ensaísta, dramaturgo, xornalista e impresor francés. Destaca a súa inmensa produción novelesca que conta 137 novelas e novelas curtas publicadas de 1829 a 1852.

Traballador furioso, debilitando a súa saúde xa precaria por excesos (morreu prematuramente aos 51 anos), endebedado por investimentos arriscados, fuxindo dos seus acredores baixo falsos nomes en diferentes moradas, Balzac mantivo numerosas relacións femininas con aristócratas e casouse finalmente coa condesa Hanska en 1850, despois de cortexala durante preto de vinte anos.

Balzac é un dos mestres incontestados da novela francesa. Produciu en varios xéneros : a novela histórica, a novela política, con Les Chouans, a novela filosófica co Le Chef-d'œuvre inconnu, a novela fantástica con La Peau de chagrin , a novela «poética» con Le Lys dans la vallée. Pero as súas novelas realistas e psicolóxicas máis célebres como Le Père Goriot ou Eugénie Grandet, que constitúen unha parte moi importante da súa obra, induciron, a miúdo, unha clasificación redutora de «autor realista»[4], mentres que atopánse na súa obra numerosos rastros do romanticismo da época, sobre todo o posto feito ao sentimento namorado en Les Chouans ou no Le Lys dans la vallée, ao fantástico en La Peau de Chagrin, ou aínda ás esgazaduras do xenio en Louis Lambert [5] [6]..

Balzac organizou as súas obras nun conxunto de grande grande amplitude chamado a Comedia humana. O título é unha referencia a Divina Comedia de Dante. O seu proxecto é explorar as diferentes clases sociais e os individuos que as compoñen, para "competir co rexistro civil" segundo a súa fórmula célebre. Reuniu os seus textos en conxuntos xenéricos : Estudos de costumes, Estudos analíticos, Estudos filosóficos. Se os Estudos de costumes son de moi lonxe os máis numerosos, Balzac atribuíalle non obstante unha enorme importancia aos Estudos filosóficos, que eran segundo os seus propios termos «a clave que permite comprender o conxunto da miña obra», en particular, a La peau de chagrin [7].

Índice

[editar] Biografía

Honoré Balzac naceu 20 de maio 1799 en Tours. Honoré de Balzac é o maior dos catro fillos da parella formada por Bernard François Balssa e Anne-Charlotte-Laure Sallambier (Laure, Laurence e Henry). A súa irmá Laure é a súa preferida: hai entre eles unha complicidade, un afecto recíproco que non se desmente nunca. Achegaralle o seu apoio moitas veces, escribe con el, e en 1858, publica a biografía do seu irmán.

De 1807 ata 1813 [8] Honoré é pensionista no colexio da congregación dos Oratorianos en Vendôme. A continuación foi externo no colexio de Tours ata 1814, antes de ir este mesmo ano a pensión Lepitre, situada rúa de Turenne en París, despois en 1815 a institución do abade Ganser, na rúa de Thorigny. Máis tarde o pai de Balzac, Bernard François, nomeado director dos alimentos para a Primeira división militar de París, a familia instálase rúa du Temple, no barrio du Marais, que é o barrio de orixe da familia (o da avoa Sallambier).

En 1816, Honoré de Balzac estuda o dereito co fin de obter o diploma de bachelier tres anos máis tarde, en 1819. Ao mesmo tempo, toma leccións particulares e segue cursos na Sorbona. Non obstante, o seu pai xulga que ten que asociar o dereito practico ao ensino teórico, Honoré paso os seus tres anos de dereito na oficina dun amigo dos Balzac, Jean-Baptiste Guillonnet-Merville, home culto e letrado. O xové exerce o oficio de axudante de notario nesta oficina. Utilizará esta experiencia para crear ao personaxe de Maître Derville (personaxe principal do Coronel Chabert, pero do cal a vida prosegue nas outras novelas da Comedia Humana) e o ambiente alborotador da oficina notarial no Coronel Chabert.

[editar] As obras de xuventude

O mozo Balzac frecuenta a Sorbona, collelle interese a filosofía e afirma unha vocación literaria. Os seus pais déixanlle dous anos para escribir. Balzac redacta unha traxedia en versos, Cromwell (1820), cun resultado decepcionante. O académico François Andrieux desanímao de proseguir nesta vía. Entón oriéntase cara á novela. E despois de dous intentos torpes pero próximos da súa visión futura (Falthurne e Sténie), confórmase co gusto da época e publica novelas de aventura, que redacta ás veces en colaboración e baixo pseudónimos.

[editar] Balzac e os artistas

[editar] Balzac e os escritores do seu tempo

Balzac tiña poucos inimigos entre as grandes plumas da súa época, mesmo se inevitables rifas estalaban ás veces.

[editar] Os ilustradores de Balzac

Numerosos pintores, caricaturistas ou ilustradores enriqueceron as obras de Balzac dende a publicación e despois da súa morte, en edicións múltiples.

[editar] Posteridade

Estatua de bronce no museo Rodin en París feita por Auguste Rodin entre 1891 et 1897.

[editar] Notas

  1. O seu pai transformou o nome orixinal da familia Balssa en "Balzac" en París entre 1771 e 1783 antes da Revolución francesa: * Jean-Louis Dega, Bernard-François Balssa, le père de Balzac : Aux sources historiques de la Comédie humaine, Rodez, Éditions Subervie, 665 páxinas, 1998 e Bernadette Dieudonné, De Balssa à Balzac : aux sources familiales de la Comédie humaine, Revista Gé-Magazine n°181, abril 1999, páxinas 27-32
  2. Colonel Arnaud, Les origines d'Honoré de Balzac, Revue de Paris, 15 febreiro 1823}}, ICC, 1958, 523 , France Généalogique 1969, Modelo:P.75
  3. Dous anos despois da morte do seu pai, o escritor engade unha partícula ao seu nome no momento da publicación de L'Auberge rouge , 1831, asina de Balzac : Anne-Marie Meininger, introdución a L'Auberge rouge. La Pléiade, 1980, t.XI, páxinas 84-85 ISBN|2070108767.
  4. J'ai maintes fois été étonné que la grande gloire de Balzac fût de passer pour un observateur ; il m'avait toujours semblé que son principal mérite était d'être visionnaire, et visionnaire passionné (Moitas veces asombraime que a gran gloria de Balzac fose de pasar por un observador; parecéuame sempre que o seu principal mérito era de ser visionario, e visionario apaixonado
     : Charles Baudelaire, L'Art romantique, Éditions Garnier, coll. « Classiques Garnier », 1965, páxina 678
  5. Elisheva Rosen, Sexto coloquío do Groupe international de recherches balzaciennes, dirixido por Stéphane Vachon, 2-6 de maio 1994 (1996), Le personnage et la poétique du roman balzacien, Balzac, une poétique du roman', Éditeur XYZ. “páxinas 201-212.”
  6. Bernard Pingaud, introducíon à l'Envers de l'histoire contemporaine, Gallimard-Folio Classique, Paris, 1970-1978, páxina 17.
  7. tal come se fose a chave angular que «conectaba os estudos de costumes» aos estudos filosóficos» «polo anel dunha fantasía case oriental onde a vida mesma é parte do Desexo, principio de toda paixón,». Palabras do autor relatadas no Dictionnaire des littératures de langue française (Dicionario das literaturas de lingua francesa), Bordas, 1984, p. 127, ISBN 2-04-015333-0
  8. Augustin Thierry Hubert-Fillay, Balzac au Collège de Vendôme, 1807-1813. « Souvenirs sur Maurice Rollinat, Clairvoyance de Pascal Forthuny », Éditions du Jardin de la France, Blois, 1940, citado par André Maurois, 1965, p. 17.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas