Herba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Herbácea")
Herbas
Campía

En botánica, unha herba (Gl-herba.ogg pronunciación ) ou plata herbácea é unha planta que non presenta órganos decididamente leñosos. Os caules das herbas son verdes e morren xeralmente ao acabar a boa estación, sendo substituídos por outros novos se a herba é vivaz.

Características[editar | editar a fonte]

Moitas herbas son anuais, nacendo de semente ao comezo da estación favorable deixando ao acabar esta novas sementes no chan. Existen tamén herbas vivaces, que retoñan dende talos subterráneos ou situados a niveis de chan. Os órganos subterráneos implicados son rizomas (talos horizontais) e bulbos. Moitas herbas bienais forman unha roseta de follas pegada ao chan no seu primeiro ano, no que non se reproducen, e un talo alto e florido, o escapo floral, no seu segundo ano.

Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero Musa).

Na linguaxe común aplícase tamén a calquera planta que posúe valor culinario (herbas aromáticas) ou medicinal (herbas medicinais), con independencia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as especias son as sementes, bagas, codias, raíces ou outras partes da planta.

"Herba" ou "a herba" é tamén un termo do argot empregado para denominar ao cánnabis.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]