Sasha Pavlović
| Portland Trail Blazers – No. 3 | |
| Escolta/Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de novembro de 1983 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | Archbishop Spalding |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 19
Escollido por Utah Jazz |
| Carreira | dende 2000 |
| Historial de equipos | |
| KK Budućnost (Montenegro) (2000-2003) Utah Jazz (2003-2004) Cleveland Cavaliers (2004-2009) Minnesota Timberwolves (2009-2010) Dallas Mavericks (2011) New Orleans Hornets (2011) Boston Celtics (2011-2012) Portland Trail Blazers (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Aleksandar "Sasha" Pavlović (serbio cirílico: Александар "Саша" Павловић), nado o 15 de novembro de 1983 en Bar, Montenegro, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Pavlović foi seleccionado polos Utah Jazz na 19ª posición do Draft de 2003, e xogou en Utah unha tempada antes de ser traspasados aos Cleveland Cavaliers. Na súa primeira tempada na liga fixo 4.8 puntos por partido, o mesmos que na súa primeira tempada en Cleveland. O 30 de xaneiro de 2007, tras saír de titular ante os Golden State Warriors, anotou 24 puntos, a súa mellor marca na NBA. Dende entón, o seu número de minutos de xogo aumentou de forma moi considerable.
En catro anos na liga, Pavlović fixo practicamente 4.8 puntos en todas as tempadas, excepto na 2004-05, na cal os seus números foron de 4.5 puntos por partido, e na 2006-07, na que levaba 4.8 ata o seu partido contra Golden State. Ao final, rematou con 9 puntos por partido, e dende febreiro de 2007, 11.2 puntos.
O 10 de xaneiro de 2011 asinou un contrato de 10 días cos Dallas Mavericks,[1] e tras finalizar o seu segundo contrato co equipo, foi fichado polos New Orleans Hornets. O 3 de marzo de 2011 asinou cos Boston Celtics.[2]
O 20 de xullo de 2012, Pavlović foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos.[3]
Tras a secesión de Montenegro, Pavlovic elexiu xogar con Serbia.
Notas [editar]
- ↑ ESPN.com Mavericks sign Sasha Pavlovic, consultado en xaneiro de 2011
- ↑ Celtics Sign Pavlovic
- ↑ "Rockets Get Players And Pick In Three-Team Deal". NBA.com. 20 de xullo de 2012. http://www.nba.com/rockets/news/rockets-get-players-and-pick-three-team-deal. Consultado o 20 de xullo de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- NBA.com Profile - Aleksandar Pavlovic
- ESPN.com Profile - Aleksandar Pavlovic
- b92.net Article - Aleksandar Pavlovic
|
||||||||
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Nados en 1983
- Escoltas de baloncesto
- Aleiros de baloncesto
- Xogadores Utah Jazz
- Xogadores Cleveland Cavaliers
- Xogadores Minnesota Timberwolves
- Xogadores Dallas Mavericks
- Xogadores New Orleans Hornets
- Xogadores Boston Celtics
- Xogadores Portland Trail Blazers
- Eleccións draft Utah Jazz