Barcelona Sporting Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barcelona de Guayaquil
Nome Barcelona Sporting Club
Alcume(s) Los Toreros, Los Canarios, Ídolo del Astillero
Fundación 1 de maio de 1925
Estadio Monumental Isidro Romero
Guayaquil, Ecuador
Inauguración 29 de maio de 1988
Capacidade 90.283
Propietario Barcelona Sporting Club
Presidente Flag of Ecuador.svg Antonio Novoa
Adestrador Flag of Argentina.svg Luis Zubeldía
Liga Serie A de Ecuador
2011
Vestimenta Marathon Sports
Patrocinador Pilsener
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Barcelona Sporting Club é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 1 de maio de 1925, mais coñecida pola sección de fútbol, a máis laureada do país con 13 títulos da Liga ecuatoriana. Nos anos 1990 e 1998 disputou a final da Copa Libertadores, caendo en ámbalas dúas, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama.

Outras seccións do club adícanse ó baloncesto (1 título nacional), béisbol (14 títulos nacionais), voleibol, birlos (1 título nacional), water polo, natación, fútbol sala, boxeo, tenis e remo.

O club mantén unha forte rivalidade co outro gran club da cidade, o Club Sport Emelec, co cal disputa cada ano o Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais tradicionais do país. Segundo varias enquisas, o Barcelona SC é o club que ten un maior número de seguidores en Ecuador, por diante doutros equipos como o propio CS Emelec, o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.

O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, chamado dende 2008 Estadio Banco Pichincha por razóns de patrocinio. Trátase do estadio mais grande do país e un dos mais grandes de Sudamérica, cunha capacidade superior a 90.000 persoas, pero que por reglamentación da FIFA está limitado a 60.000. O estadio, inaugurado o 29 de maio de 1988, é propiedade do propio Barcelona Sporting Club.

No momento da creación do club, éste foi bautizado co nome Barcelona como recoñecemento ó apoio recibido en Guayaquil pola comunidade española de Cataluña, terra onde naceron varios dos socios fundadores do equipo. Concretamente o fundador do club, Eutimio Pérez Arumí, era nativo de Vilassar de Mar.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Continental[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

  • Serie A de Ecuador (14) = 1960, 1963, 1966, 1970, 1971, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1995, 1997,2012
    • Subcampionatos (11) = 1957, 1962, 1968, 1982, 1986, 1990, 1992, 1993, 2002, 2003, Apertura 2005

Rexional[editar | editar a fonte]

  • Campionato de Guayaquil (5) = 1955, 1961, 1963, 1965, 1967
    • Subcampionatos (7) = 1953, 1954, 1956, 1957, 1962, 1964, 1966

Xogadores[editar | editar a fonte]

Estadio Monumental Isidro Romero Carbo.

Os seguintes xogadores compoñen o plantel do equipo para a tempada 2012: Fonte

Posto País Xogador
1 POR Flag of Ecuador.svg Máximo Banguera
2 DEF Flag of Ecuador.svg Pavel Caicedo
3 DEF Flag of Ecuador.svg Ivan Hurtado Capitán
4 MED Flag of Argentina.svg Aldo Duscher
5 DEF Flag of Ecuador.svg José Luis Perlaza
6 DEF Flag of Ecuador.svg Pablo Saucedo
7 DIA Flag of Ecuador.svg Armando Wila
8 MED Flag of Ecuador.svg Pedro Larrea
9 DIA Flag of Argentina.svg Ivan Borghello
10 MED Flag of Argentina.svg Damián Díaz
11 DEF Flag of Ecuador.svg Giovanny Nazareno
12 POR Flag of Ecuador.svg Rorys Aragón
14 DIA Flag of Ecuador.svg Carlos García
Posto País Xogador
15 MED Flag of Ecuador.svg Daniel Mina
16 MED Flag of Ecuador.svg Luis Caicedo
17 DIA Flag of Ecuador.svg Pablo Palacios
18 MED Flag of Argentina.svg Matías Oyola
19 DIA Flag of Ecuador.svg Vinicio Angulo
20 DEF Flag of Ecuador.svg Miguel Ibarra
21 MED Flag of Ecuador.svg Hólger Matamoros
25 POR Flag of Ecuador.svg Carlos Morán
27 MED Flag of Ecuador.svg Mike Rodríguez
50 MED Flag of Ecuador.svg Brayan de la Torre
51 MED Flag of Ecuador.svg Dennys Quiñónez
53 DEF Flag of Ecuador.svg Christian Cruz
54 MED Flag of Ecuador.svg Roosvelt Oyola

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barcelona Sporting Club