Al Qaida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Al-Qaida")
Al Qaida
القاعدة
Flag of al-Qaeda in Iraq.svg
Bandeira empregada por Al-Qaeda en Iraq.
Alianza de organizacións islamistas
Líderes Osama bin Laden
Ayman al-Zawahiri
Creación 1988
Área de operacións Global
Ideoloxía Fundamentalismo islámico
Panislamismo
Islam Sunita
Vencellado a Fronte Islámica Mundial
Movemento talibán
Status Activa
Considerado "organización terrorista" pola ONU, OTAN, UE, Estados Unidos, Australia e moitos outros.

Al Qaida ou Al Qaeda (árabe: القاعدة - al-Qā‘idah, "A Fundación" ou "A Base") é o nome dado a unha alianza internacional de organizacións islamistas radicais.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundouna Osama bin Laden entre 1988 e 1989 co apoio dos Estados Unidos para recrutar saudís que se uniran aos mujahidín que loitaban contra a ocupación soviética en Afganistán, pero trala derrota soviética transformouse nunha forma de ideoloxía islámica radical que busca por medio de tácticas terroristas e militares suplantar os réximes de Oriente medio co obxectivo de xuntar a todos os musulmáns baixo un único goberno rexido estritamente polas leis islámicas. Afírmase que Al-Quaeda é unha organización salafista, sendo o Salafismo unha rama moi puritana do Islam, que afirma seguir fielmente a doutrina do profeta Mahoma.

A partir de 1996 instalouse en Afganistán, protexida polo réxime talibán. As primeiras accións foron o atentado con coche-bomba contra o World Trade Center de Nova York (1993), contra o campamento militar de Dhahran en Arabia Saudí (1996) e contra as embaixadas dos Estados Unidos en Nairobi e Dar es Salaam (1998).

Al Qaida conseguiu notoriedade pública tralos ataques do 11 de setembro de 2001 ao World Trade Center en Nova York e ao Pentágono en Washington. Atribuíuse tamén no 2002 os atentados de Bali, na praia de Khuta, nos que morreron duascentas persoas.

Tamén se lle atribúen os atentados do 11-M en Madrid o 11 de marzo de 2004 e os Londres o 7 de xullo de 2005. Ademais de numerosos atentados en Iraq e Afganistán.

O domingo 1 de maio de 2011 o presidente dos EE.UU. Barack Obama anunciou que o líder de Al Qaida Osama bin Laden morreu nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EE.UU. nun luxoso complexo residencial preto da cidade de Abbottabad onde estaba agachado coa súa familia.

Teorías alternativas[editar | editar a fonte]

Segundo algunhas fontes, o termo Al-Quaeda procede de unha frase maior que significa "Base de datos", unha base de datos onde figuran tódolos nomes daqueles mujahidin que loitaron contra o intento de poñer Afganistán baixo a órbita comunista soviética.

Algúns movementos activistas, coma o Movemento Zeitgeist, non recoñecen a existencia física desta organización, senón que afirman que se trata dunha organización imaxinaria instaurada polo mesmo goberno dos Estados Unidos co obxectivo de xustificar intervencións bélicas en calquera lugar do planeta, como a chamada "Guerra contra o terrorismo", o que xera ganancias astronómicas para selectos grupos económicos dominantes (grandes bancos, fabricantes de armas, corporacións da industria do combustible, etc), e de manipular a opinión pública coa intención de logra-lo apoio democrático suficiente para sancionar leis antiterroristas, como a controvertida Ley Patriótica, as cales se caracterizan, entre outros aspectos, pola restrición de liberdades e garantías constitucionais, como a privacidade das persoas e as súas actividades, aplicables tanto para cidadáns estadounidenses como estranxeiros.

Do mesmo modo, estaos movementos sosteñen que os atentados atribuídos a Al Qaeda foron en realidade operacións de falsa bandeira, respaldando esta teoría con antecedentes tales como a desestimación estadounidense á contundente evidencia que advertía sobre o Ataque de Pearl Harbour, permitindo así o ataque e xustificando deste modo a intervención na Segunda Guerra Mundial, ou como a indiferenza ás advertencias do goberno alemán sobre o ataque a calquera navío que transitara as costas irlandesas, o cal tivo como consecuencia o afundimento do RMS Lusitania, transatlántico que levaba entre outros a 234 pasaxeiros estadounidenses, e que foi afundido por un submarino alemán, provocando a intervención dos Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial.

Existen varios documentais que cuestionan a participación de Al-Quaeda nos atentados do 11 de Setembro de 2001, como "ZERO" de Franco Fracassi e Francesco Trento[1], "Farenheit 911" de Michael Moore, "11 de Septiembre engaño Global", "Autoatentado das Torres Xemelgas" e algún máis.

Notas[editar | editar a fonte]