Patriot Act

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola cámara de representantes como polo senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.

O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordenalas e dotalas de maiores poderes de vixiancia contra os delitos de terrorismo. Do mesmo modo a lei tamén promulgóu novos delitos e endureceu as penas por delitos de terrorismo[1].

A Lei Patriótica foi duramente criticada por diversos organismos e organizacións de dereitos humanos, debido á enorme restrición de liberdades e garantías constitucionais que supuxo para a cidadanía, tanto estadounidense como estranxeira[2][3][4][5].

A renovación do 2005[editar | editar a fonte]

As estipulacións más restritivas de dereitos da Acta foron inicialmente sancionadas como normas provisorias de emerxencia ata o 31 de decembro de 2005. Nos meses previos á data límite, os sectores defensores da Acta Patriótica comezaron a presionar para que as limitacións dos dereitos e garantías constitucionais fosen permanentes. A mediados de 2005 as dúas cámaras do Congreso aprobaron proxectos de reforma radicalmente distintos: mentres que o Senado deixaba sen efecto a maior parte das limitacións, a Cámara de Representantes mantiña a Acta orixinal case sen alteracións, dándolle carácter permanente. Ambos proxectos foron finalmente compatibilizados nunha comisión bicameral, eliminándose a maior parte das normas de restablecemento dos dereitos que contemplaba o proxecto do Senado, sendo sancionada polo Congreso o 2 de marzal de 2006 e promulgada como lei polo presidente George Walker Bush o 9 de marzal. Senadores de ambos partidos criticaron duramente a enmenda, sostendo que afectaba ás liberdades constitucionais.[6].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

McCarthy, John. "From Democracy to Dictatorship (Civil Liberties vs. Patriot Act & Martial Law)". http://johnmccarthy90066.tripod.com/id505.html. Consultado o 31-dic-2007.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]