Adamawa, Nixeria
Coordenadas: 9°20′N 12°30′E / 9.333°N 12.5°E
Adamawa é un estado da República Federal de Nixeria.
É un dos estados máis extensos de Nixeria, con 36.917 km2. Limita polo noroeste co Estado de Borno, polo oeste co estado de Gombe, polo suroeste co estado de Taraba e polo leste con Camerún. Segundo unha estimación do ano 2006, vivían en Adamawa 3.168.101 persoas.
Posúe 21 Áreas de Goberno Local:
- Fufore
- Ganye
- Gombi
- Guyuk
- Hong
- Jada
- Shelleng
- Demsa
- Madagali
- Maiha
- Mayo-Belwa
- Michika
- Mubi
- Numan
- Song
- Mubi-South
- Jimeta
- Girei
- Toungo
- Lamurde
- Yola
Historia [editar]
O estado foi creado en 1991, baixo o réxime militar de Ibrahim Babangida, en territorios antes pertencentes ao desaparecido estado de Gongola. Debe o seu nome ao líder da etnia fulani, Madibbo Adama, quen liderou no século XIX unha revolta musulmá contra os colonizadores británicos.[1]
Economía [editar]
A súa economía é fundamentalmente agrícola, con cultivos de cacahuetes e algodón. Tamén se cultiva millo, millo miúdo, iñame e arroz. Os pobos fulani practican a gandaría de modo nómade.
Notas [editar]
- ↑ "States of Nigeria: Adamawa" NigeriaGalleria.com
|
|||||||
