Estado de Ekiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Ekiti dentro de Nixeria.

Ekiti é un estado do suroeste da República Federal de Nixeria, creado polo xeneral Sani Abacha o 1 de outubro de 1996 canda outros cinco novos estados máis. Anteriormente, o seu territorio pertencía ao estado de Ondo. A poboación de Ekiti estimábase no 2005 en 2.737.186 habitantes. A súa capital é a cidade de Ado Ekiti.

Posúe unha extensión de 6.353 km2, o que o converte nun dos estados máis miúdos do país. Limita polo norte co estado de Kwara, polo leste con el estado de Kogi, polo sur co estado de Ondo e polo oeste co estado de Osun.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Ekiti divídese en 16 gobernos rexionais chamados áreas de goberno local. Estas son: Ado, Ekiti-East, Ekiti West, Emure/Ise/Orun, Ekiti South-West, Ikare, Irepodun, Ijero, Ido/Osi, Oye, Ikole, Moba, Gbonyin, Ilejemeje, Ise/Orun e Efon.