Kebbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Kebbi dentro de Nixeria.

Kebbi é un Estado do noroeste da República Federal de Nixeria, con capital en Birnin Kebbi. O estado foi formado de parte de Sokoto en 1991.

Limita cos estados de Sokoto e Níxer, como tamén coas repúblicas de Níxer e Benin a oeste. Ten unha área total de 36.800 km² e no 2005 tiña unha poboación estimada de 3.630.931 habitantes.

Está poboado principalmente por hausas, con algúns membros tamén de comunidades étnicas tales como bussawas, dukawas, kambaris e kamukus.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Kebbi esta dividido en 21 Áreas de goberno local (LGAs), catro emiratos (Gwandu, Argungu, Yauri e Zuru), e 35 distritos. Os gobernos locais son os seguintes:

  • Aliero
  • Arewa-Dandi
  • Argungu
  • Augie
  • Bagudo
  • Birnin-Kebbi
  • Bunza
  • Dandi
  • Fakai
  • Gwandu
  • Jega
  • Kalgo
  • Koko/Besse
  • Maiyama
  • Ngaski
  • Sakaba
  • Shanga
  • Suru
  • Wasagu/Danko
  • Yauri
  • Zuru

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]