Plateau
Coordenadas: 9°10′N 9°45′E / 9.167°N 9.750°E
Plateau (Meseta) é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. Ten unha extensión de 30.913 km2 e limita polo norte co estado de Bauchi, polo leste e sueste co estado de Taraba, polo sur con Nassawara e polo oeste co estado de Kaduna. A súa capital é a cidade de Jos e a súa poboación cífrase nuns tres millóns e medio de persoas.
Plateau está considerado un dos estados con maior diversidade cultural e lingüística da xa diversa Nixeria. Nel fálanse cerca de 48 linguas. Entre as que teñen máis de 100 mil falantes, están o angas, o berom, o goemai, o kofyar, o mwaghavul, o ron e o tarok. [1]
Ao estar situado na zona central do pais, no límite entre os territorios de maioría cristiá e o norte musulmán, Plateau foi escenario de violentos combates entre membros de ambas faccións.[2] En 2010, estes enfrontamentos deixaron un saldo de polo menos 500 mortos.[3]
Historia[editar]
O estado conformouse en 1926 como escisión da entón provincia de Bauchi (actualmente estado). Ao longo do século XX, mercé distintos acontecementos históricos, sufriu varias modificacións territoriais. A última delas tivo lugar en 1996, cando baixo o réxime militar de Sani Abacha, dispúxose que a parte occidental do territorio se separara para conformar o novo estado de Nassawara.[4]
Áreas de goberno local[editar]
Este estado subdivídese internamente nun total de dezasete áreas de goberno local, a saber:
|
|
Notas[editar]
- ↑ "Plateau State. People and Culture" Web de Plateau State. Consultado o 29 de outubro de 2011.
- ↑ "El difícil equilibrio religioso en Nigeria" Noticias de Alava. Consultado o 29 de outubro de 2011.
- ↑ "Más de 500 muertos deja ataque de musulmanes a cristianos en Nigeria" La Jornada, 09/03/2010. Consultado o 29 de outubro de 2011.
- ↑ "The Birth of Plateau State" Web de Plateau State (en inglés) Consultado o 29 de outubro de 2011.
|
|||||||
