Estado de Benue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 7°20′N 8°45′E / 7.333°N 8.750°E / 7.333; 8.750

Localización de Benue dentro de Nixeria.

Benue é un estado da República Federal de Nixeria, situado no centro, cunha poboación duns 2,8 millóns de habitantes en 1991. A súa capital é Makurdi. Benue é unha rica rexión agrícola; os cultivos máis importantes que se dan son a pataca, a mandioca e a soia.

O nome de Benue provén do río do mesmo nome, e formouse a partir do antigo ex-estado Benue-Plateau en 1976, xunto co grupo étnico igala, que formaba parte do estado de Kwara. En 1991, algunhas áreas de Benue, xunto con áreas de Kwara, pasaron a ser parte do novo estado de Kogi. O seu territorio ocupa unha superficie de 34.059 km².

Áreas de Goberno Local[editar | editar a fonte]

As 23 Áreas de Goberno Local do estado de Benue son:

  • Agatu
  • Apa
  • Ado
  • Buruko
  • Gboko
  • Guma
  • Gwer-Leste
  • Gwer-Oeste
  • Katsina-Ala
  • Konshisha
  • Kwande
  • Logo
  • Makurdi
  • Obi
  • Ogbadibo
  • Ohimini
  • Oju
  • Okpokwu
  • Oturkpo
  • Tarka
  • Ukum
  • Ushongo
  • Vandeikya

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]