Jigawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Jigawa dentro de Nixeria.

Jigawa é un estado do norte da Nixeria, creado o 27 de agosto de 1991. A súa capital é a cidade de Dutse. A estimación do censo de 2005 apuntaba unha poboación de 4.988.888 habitantes, nunha área de 23.154km².

O estado limita polo oeste cos estados de Katsina e Kano, polo leste cos estados de Bauchi e Yobe e polo norte coa República de Níxer.

Divisións[editar | editar a fonte]

Está dividido en 27 áreas de goberno local: Auyo, Babura, Biriniwa, Birnin-Kudu, Buji, Dutse, Gagarawa, Garki, Gumel, Guri, Gwaram, Gwiwa, Hadejia, Jahun, Kafin-Hausa, Kazaure, Kiri-Kasama, Kiyawa, Kuagama, Maigatari, Malam-Maduri, Miga, Ringim, Roni, Sule-Tankakar, Taura e Yankwashi.

Está dividido tamén en cinco emiratos históricos: Hadejia, Kazaure, Gumel, Ringirn e Dutse.