Kwara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 8°30′N 5°00′E / 8.500°N 5.000°E / 8.500; 5.000

Localización de Kwara dentro de Nixeria.

Kwara é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Ilorin.

Ten unha extensión de 36.825 km2 e limita polo norte co estado de Níxer, polo leste co estado de Kogi, polo sur cos estados de Ekiti, Osun e Oyo e polo oeste coa Benin.

A poboación cífrase en 2.702.949 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade demográfica de 73,4 habitantes por quilómetro cadrado.

Foi creado en 1967 como un dos 12 primeiros estados que substituíron a antiga subdivisión en rexións. Inicialmente coñecido como West Central State, o seu nome foi mudado polo de Kwara, palabra dun idioma local que alude ao Río Níxer. Nos anos seguintes, parte do seu territorio orixinal foi cedido para a creación de novos estados.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado pode subdividirse en dezasete áreas de goberno local, a saber:

  • Asa
  • Baruten
  • Edu
  • Ekiti
  • Ifelodun
  • Ilorin-East
  • Ilorin-South
  • Ilorin-West
  • Irepodun
  • Isin
  • Kaiama
  • Moro
  • Offa
  • Oke-Ero
  • Oyun
  • Patigi