Anambra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Estado de Anambra no mapa nixeriano.

Coordenadas: 6°20′N 7°00′E / 6.333°N 7.000°E / 6.333; 7.000

Anambra é un dos estados da República Federal de Nixeria. Ten unha superficie de 4.844 quilómetros cadrados. A poboación no 2007 era de 4.887.379 persoas, o que daba unha densidade de poboación de 1.009 habitantes por cada quilómetro cadrado. Foi creado a 3 de febreiro de 1976 a partir do antigo estado Centro Oriental. A capital era entón a cidade de Enugu. O 27 de agosto de 1991 naceu o estado de Enugu, pasando a capital e sede do goberno, de Anambra, para a cidade de Awka.

A orixe do nome do estado derivado do río Anambra (Omambala), que é un afluente do río Níxer.

A etnia predominante do estado de Anambra son os igbos (98% da poboación), cunha pequena poboación de igalas (2% da poboación) que viven na parte norte-occidental do estado.[1]

Anambra é o oitavo estado máis populoso de Nixeria, e o segundo estado máis densamente poboado tras Lagos.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado subdivídese internamente nun total de 21 áreas de goberno local, a saber:

  • Aguata
  • Anambra
  • Anambra West
  • Anaocha
  • Awka North
  • Awka South
  • Ayamelum
  • Dunukofia
  • Ekwusigo
  • Idemili North
  • Idemili South
  • Ihiala
  • Njikoka
  • Nnewi North
  • Nnewi South
  • Ogbaru
  • Onitsha North
  • Onitsha South
  • Orumba North
  • Orumba South
  • Oyi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.igbofocus.co.uk/html/anambra_state.html