Estado de Edo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Edo dentro de Nixeria.

Edo é un estado do centro-sur da República Federal de Nixeria, con capital en Benin City. O estado de Edo foi formado en 27 de agosto de 1991, a partir do extinto estado de Bendel. Para o 2005 tiña estimación da poboación de 3.497.502 habitantes, nunha área de 17.802 km².

As linguas nativas faladas no estado inclúen o edo, o esan, o ora, entre outras.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Componse das seguintes áreas de goberno local:

  1. Akoko-Edo
  2. Egor
  3. Esan-North-East
  4. Esan-Central
  5. Esan-South-East
  6. Esan-West
  7. Etsako-Central
  8. Etsako-East
  9. Etsako-West
  10. Iguegben
  11. Ikpoba-Okha
  12. Oredo
  13. Orhionmwon
  14. Ovia-North-East
  15. Ovia-South-West
  16. Owan-East
  17. Owan-West
  18. Uhunmwonde

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]