Yobe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 12°00′N 11°30′E / 12.000°N 11.500°E / 12.000; 11.500

Localización de Yobe dentro de Nixeria

Yobe é un dos estados da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Damaturu. Ten unha superficie de 44.880 km². A súa poboación cífrase en 2.609.566 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 57,3 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Limita polo norte coa República de Níxer, polo leste co estado de Borno, polo sur co estado de Gombe e polo oeste cos estados de Jigawa e Bauchi.

Este estado pode subdividirse en dezasete áreas de goberno local, a saber:

  • Borbari
  • Damaturu
  • Fika
  • Fune
  • Giedam
  • Gogharam
  • Guiba
  • Gularu
  • Jakusko
  • Karaguwa
  • Machina
  • Nangere
  • Nguru
  • Potiskum
  • Tarmuwa
  • Yuriubari
  • Yusufari