Zamfara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Zamfara dentro de Nixeria.

Zamfara é un estado no noroeste de Nixeria, creado o 1 de outubro de 1996. A súa capital reside en Gusau. Até 1996 a área facía parte do estado de Sokoto. A estimación da poboación no 2005 apuntaba 3.602.356 habitantes, nunha área de 39.762km². Está habitado principalmente pola etnia hausa,[1] aínda que hai membros doutras comunidades étnicas tales como gwari, kamuku, kambari, dukawa, bussawa e zabarma.

O estado de Zamfara foi o primeiro da Nixeria en introducir a Sharia (lei islámica).

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

O estado de Zamfara componse de 14 Áreas de goberno local:

  1. Anka
  2. Bakura
  3. Birnin-Magaji/Kiyaw
  4. Bukkuyum
  5. Bungudu
  6. Gummi
  7. Gusau
  1. Kaura-Namoda
  2. Maradun
  3. Maru
  4. Shinkafi
  5. Talata-Mafara
  6. Tsafe
  7. Zurmi

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa dos grupos étnicos de Nixeria