Bayelsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°45′N 6°05′E / 4.750°N 6.083°E / 4.750; 6.083

Localización de Bayelsa dentro de Nixeria.

Bayelsa é un Estado da República Federal de Nixeria, que se atopa entre os estados de Delta e Rivers, con capital Yenagoa. Posúe unha superficie de 10.773 quilómetros cadrados, e unha poboación que se cifra en 2.097.241 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 194,7 habitantes por cada quilómetro cadrado.

O idioma falado é o ijaw, aínda que, como no resto de Nixeria, a lingua oficial é o inglés. Foi formado en 1996 a partir do estado de Rivers, sendo un dos estados máis novos.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado subdivídese nun total de oito Áreas de Goberno Local, a saber:

  • Brass
  • Ekeremor
  • Kolokuma/Opokuma
  • Nembe
  • Ogbia
  • Sagbama
  • Southern Ijaw
  • Yenagoa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]