Estado de Kaduna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Kaduna dentro de Nixeria.

Kaduna é un dos estados da República Federal de Nixeria, que fica no centro norte desta. A súa capital é a cidade de Kaduna. Ten unha área de 46.053 km² e no 2006 tiña unha poboación estimada de 6.066.562 habitantes.

O Estado de Kaduna é maioritariamente habitado polos hausas, existindo membros doutras comunidades étnicas tales como gbagyis, katabs e bajjuus.[1]

O Estado é o sucesor da antiga Rexión Norte de Nixeria, que tiña a súa capital en Kaduna. En 1967 esta foi dividida en seis estados, un dos cales era o estado Norte-Central, cuxo nome foi mudado polo de Kaduna en 1976. Este foi tamén dividido en 1987, perdendo territorio agora parte do estado Katsina.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

O Estado de Kaduna está composto por 23 Áreas de goberno local. Estes son:

  • Birni-Gwari
  • Chikun
  • Giwa
  • Igabi
  • Ikara
  • Jaba
  • Jema'a
  • Kachia
  • Kaduna-Norte
  • Kaduna-Sur
  • Kagarko
  • Kajuru
  • Kaura
  • Kauru
  • Kubau
  • Kudan
  • Lerea
  • Makarfi
  • Sabon-Gari
  • Sanga
  • Soba
  • Zango-Kataf
  • Zaria