Estado de Abia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Abia dentro de Nixeria.
Abia

Coordenadas: 5°25′N 7°30′E / 5.417°N 7.500°E / 5.417; 7.500

O Estado de Abia é un dos estados que constitúe a República Federal de Nixeria, situado no sueste do país. A súa capital é Umuahia, aínda que o principal centro comercial atópase en Aba, un antigo posto comercial británico. O estado creouse en 1991 con parte do territorio do estado de Imo. Os seus habitantes pertencen maioritariamente á etnia igbo. Abia é un dos nove estados pertencentes á rexión do Delta do Níxer. Posúe 17 Áreas de Goberno Local.

Este estado ten unha extensión de territorio que contén unha superficie composta por uns 6.320 quilómetros cadrados. A súa poboación cífrase en 4.350.963 persoas (datos do censo do ano 2007), dando unha densidade de poboación de 688,4 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Posúe 17 áreas de goberno local:

  • Aba North
  • Aba South
  • Arochukwu
  • Bende
  • Ikwuano
  • Isiala Ngwa North
  • Isiala Ngwa South
  • Isuikwuato
  • Obi Ngwa
  • Ohafia
  • Osisioma Ngwa
  • Ugwunagbo
  • Ukwa East
  • Ukwa West
  • Umuahia North
  • Umuahia South
  • Umu Nneochi

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]