Estado de Sokoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 13°05′N 5°15′E / 13.083°N 5.250°E / 13.083; 5.250

Localización de Sokoto dentro de Nixeria.

Sokoto é un dos estados nos que se divide a República Federal de Nixeria, con capital a cidade de Sokoto.

Posúe unha superficie de 25.973 quilómetros cadrados e limita polo norte e noroeste coa República de Níxer, polo leste e sur co estado de Zamfara e polo oeste e suroeste co estado de Kebi.

Segundo o censo do ano 2007, contaba cunha poboación de 4.381.970 persoas, o que dá unha densidade demográfica de 168,7 habitantes por quilómetro cadrado.

As dúas etnias maioritarias do estado son os hausa e os fulani. No relixioso, predominan amplamente os musulmáns.

O estado foi creado en 1967 co nome de "North-Western State". Posteriormente, o seu territorio foi sufrindo numerosas modificacións a causa da creación de novos estados. Así, en 1976 cedeu territorios para a creación do estado de Níxer e en 1991 para a creación do estado de Kebbi. Finalmente, en 1996 unha porción de Sokoto foi cedida para a creación do estado de Zamfara.

O estado é eminentemente agrícola e estímase que o 90% da poboación traballa en actividades ligadas á agricultura. Os principais cultivos son: millo, arroz, cacahuete, cana de azucre e tabaco. Tamén son importantes os vexetais, destacándose o cultivo de mango, laranxa, plátanos, papaia, leituga e espinaca.[1]

Áreas de goberno local[editar | editar a fonte]

Este estado subdivídese internamente nun total de 23 áreas de goberno local, a saber:

  • Binji
  • Bodinga
  • Dange-shuni
  • Gada
  • Goronyo
  • Gudu
  • Gwadabawa
  • Illela
  • Isa
  • Kebbe
  • Kware
  • Rabah
  • Sabon-Birni
  • Shagari
  • Silame
  • Sokoto-North
  • Sokoto-South
  • Tambuwal
  • Tangaza
  • Tureta
  • Wamako
  • Wurno
  • Yabo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "NGEX. Information about Sokoto State" Ngex.com (en inglés)