Transmuta
Aparencia
| Transmuta | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
|
Lingua
| |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Publicación | |||||
|
Editorial
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Transmuta é un libro de poesía do coruñés Xabier Cordal publicado por Edicións Xerais de Galicia a comezos de 2012.
Características
[editar | editar a fonte]A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de corpos para comprender e xulgar a propia historia. Na viaxe que deliña este libro van confluíndo as palabras do pánico e do illamento, do silencio amoroso, as diversas caras da alienación, as do combate, e toman por fin terra (...) Abre transmuta unha porta azul ao tempo descoñecido, ao gume da intelixencia. E mostra a posibilidade de sermos libres, mesmo na época máis escura, cando se asume o poder de modificar todo discurso. De virar o corazón á herdanza.Presentación editorial[1].
Premios
[editar | editar a fonte]- O poemario recibiu o Premio da Crítica Galicia de Creación literaria 2013.